Páxinas

NOVAS DE CRABELA

O 21 de novembro recibimos unha carta de CRABELA. Decía que agora que xa sabemos como eran os banquetes, torneos e xogos medievais, temos que seguilos practicando pois cando vaiamos a salvar a ARTURO teremos que gañar o xogo que nos propoña o dragón.

Agora temos que pasar a seguinte proba. Consiste en saber o nome da parte do castelo onde está atrapado ARTURO. Polo tanto temos que estudar AS PARTES DOS CASTELOS E OUTRAS EDIFICACIÓNS MEDIEVAIS.

Trouxemos moitos traballos de casa que fixemos con papá e mamá ... e estamos a traballar na clase.

Ningún comentario:

Publicar un comentario