Páxinas

SAÍDA FIN DE CURSO

PARA REMATAR O NOSO PROXECTO E COMO EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO, FOMOS VISITAR O CASTELO DE VIMIANZO. ALÍ VIVEN CRABELA E ARTURO, E TAMÉN O DRAGÓN QUE PUIDEMOS VER NA TORRE DA HOMENAXE. TAMÉN VIMOS COMO SE TRABALLA NOS TEARES, E UNHAS PALILLEIRAS QUE NOS EXPLICARON COMO ERA O SEU TRABALLO.
VISITAMOS O CASTELO E TAMÉN ESCOITAMOS O CONTO DA " PRINCESA VESTIDA CUNHA BOLSA DE PAPEL"QUE NOS CONTARON AS PROFES PILAR E LIDIA.
DESPOIS FOMOS COMER Á AREA RECREATIVA DE GABENLLE, ALÍ DESPOIS DE XANTAR ESTIVEMOS XOGANNDO E ENTRE TODOS COMPLETAMOS O GUERNICA DE PICASSO QUE ESTIVERAMOS A TRABALLAR NAS ESCOLAS COS PROFES MABEL E IVÁN. QUEDOUNOS IMPRESIONANTE E APRENDIMOS MOITO.

GLOBOFLEXIA NO COLE

A MAMÁ DE SUSANA VEU A NOSA CLASE  ENSINARNOS COMO SE PODEN FACER COUSAS MOI CHULIS CON GLOBOS.  PUIDEMOS AXUDARLLE A INFLAR OS GLOBOS, A BUSCAR  O TAMAÑO QUE NECESITABAMOS, E TAMÉN ESCOLLIMOS  AS FIGURAS QUE FIXO, AS CORES… QUEDOU TODO MOI BONITO!

CRABELA E ARTURO NA NOSA ESCOLA

NA ESCOLA TIVEMOS UNHA SORPRENDENTE VISITA: CRABELA E ARTURO!!! QUERIANNOS DAR AS GRAZAS POR A AXUDA QUE LLES PRESTAMOS ENTRE TODOS,
NOMEARONNOS DAMAS E CABALEIROS DO SEU REINO,  TAMÉN DERONNOS UNHA MEDALLA COMO AGASALLO E INVITARONNOS A VISITR O SEU CASTELO.
MOITAS GRAZAS CRABELA E ARTURO!

A FRAUTA MÁXICA NO MAXÍN

O DÍA 5 FIXEMOS UNHA SAÍDA AO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO NA CORUÑA PARA VER A FRAUTA MÁXICA. ESTIVO MOI BEN E TAMÉN GUSTOUNOS MOITO O TEATRO. O PASAMOS MOI BEN PASEANDO POLAS RÚAS DA CORUÑA.

ÚLTIMA PROBA DE CRABELA

SUPERAMOS A ÚLTIMA PROBA QUE NOS MANDOU CRABELA. TIÑAMOS QUE AVERIGUAR CAIS ERAN OS ESTAMENTOS SOCIAIS QUE HABÍA NA IDADE MEDIA E DESCUBRIMOS ENTRE TODOS QUE NA ÉPOCA  MEDIEVAL A POBOACIÓN ESTABA CLASIFICADA EN TRES GRUPOS.