Páxinas

MAGOSTO 2015

O MARTES 10  CELEBRAMOS A FESTA DO MAGOSTO NA TORRE DE CELAS. ESTIVEMOS NA ESCOLA PREPARANDO O NOSO CUCURUCHO DE CASTAÑAS E ALGUNHAS CANTIGAS COA PROFE MABEL, NA TORRE PRIMEIRO FIXEMOS XOGOS TRADICIONAIS, DESPOIS MERENDAMOS E XOGAMOS. PASÁMOLO MOI BEN!

ESTRENAMOS BIBLIOTECA DE AULA!!

A NOSA BIBLIOTECA DE AULA XA ESTÁ LISTA!. O PROFE IVÁN E A PROFE MABEL ENSINÁRONNOS COMO FUNCIONARÁ A NOSA BIBLIOTECA DE AULA,  COMO DEBEMOS COLOCAR OS LIBROS, PELIS...NOMEARON DOUS GUARDIÁNS DE BIBLIOTECA , E XA EMPEZAMOS CON O PRÉSTAMO DE LIBROS COAS NOSAS NOVAS MOCHILAS...
GRAZAS PROFE MABEL E PROFE IVÁN!!

SAMAÍN 2015

DURANTE A SEMÁN ESTIVEMOS A PREPARAR A FESTA DO SAMAÍN, BALEIRAMOS  E PINTAMOS CABAZAS, PINTAMOS MORCEGOS E PANTASMAS, PREPARAMOS CANTIGAS DO SAMAÍN...E CANDO CHEGOU O DÍA DA FESTA PREPARAMOS UNHA MERENDA MONSTRUOSA , COMIMOS, BAILAMOS E XOGAMOS COS NOSOS COMPIS. PASÁMOLO MOI BEN!