Páxinas

NADAL

CHEGOU O NADAL! FIXEMOS MANUALIDADES DE NADAL, DECORAMOS A NOSA ESCOLA, PREPARAMOS CANTIGAS....E TODOS OS NENOS DO CRA XUNTAMONOS NA SEDE DO CRA E FIXEMOS A FESTA DO NADAL, TAMÉN VISITOUNOS O CARTEIRO REAL, CANTAMOS PANXOLIÑAS, HOUBO SESIÓN DE CONTACONTOS, E MERENDIÑA!! PASAMOLO XENIAL!

VISITA DE NUBA

VISITÁRONNOS NA ESCOLA JULIA E IRENE QUE VIÑAN COA CADELA COA QUE TRABALLAN "NUBA". ENSINÁRONOS COMO NUBA SABE FACER UN MONTÓN DE COUSAS E NOS ATENDIMOS MOI BEN .

MAGOSTO

CELEBRAMOS O MAGOSTO NA TORRE DE CELAS CON OS NOSOS COMPIS DO CRA . PRIMEIRO PREPARAMOS NA CLASE CANTIGAS COA PROFE MABEL E O CUCURUCHO PARA AS CASTAÑAS...DESPOIS NA TORRE FIXEMOS UN MONTÓN DE XOGOS E PARA REMATAR MERENDAMOS AS CASTAÑAS QUE NOS TIÑAN PREPARADAS .
PASÁMOLO MOI BEN

CANTO PESO, CANTO MIDO??

SEGUIMOS A TRABALLAR NO NOSO PROXECTO " A MIÑA HISTORIA É HISTORIA", AGORA TOCOUNOS MIRAR CANTO MEDIMOS, O QUE PESAMOS...PASÁMOLO MOI BEN!!

SAMAÍN

O DÍA 28 CELEBRAMOS A FESTA DO SAMAÍN NA ESCOLA .CANDO CHEGAMOS NOS ATOPAMOS CUNHA CAIXA DO MEDO QUE VIÑA DA ESCOLA DE LEDOÑO, E DE VERDADE DABA MOITO MEDO!! DESPOIS VIÑERON UNS VELLIÑOS A ESCOLA CONTARNOS A HISTORIA DO SAMAÍN E REGALARONNOS UNHAS ARAÑAS QUE ATOPARON POLO CAMIÑO E PARA REMATAR A FESTA PREPARAMOS A MERENDOLA: UNHAS ESCOBIÑAS DE BRUXA E TAMÉN MERENDAMOS BISCOITO, GALLETAS DE MEDO E UNHAS ARAÑAS MOI RICAS QUE PREPAROU O NOSO COMPAÑEIRO LUIS COA SUA MAMÁ ANTÍA. PASÁMOLO XENIAL SORPRESAS NO SAMAÍN on PhotoPeach MERENDOLA on PhotoPeach

SAMAÍN

CO MOTIVO DO SAMAÍN ESTIVEMOS A BALEIRAR , PINTAR E DECORAR CABAZAS, TAMÉN FIXEMOS CARETAS DE ESQUELETES, MORCEGOS....COUSAS DE MOITO MEDO!!!

VISITA DE BABA YAGA

O MARTES 25 DE OUTUBRO VEU  VISITARNOS Á ESCOLA BABA YAGA, UNHA BRUXA QUE VIÑA DE MOI LONXE DE RUSIA!! MIRAMOS ONDE QUEDABA RUSIA, E ELA EXPLICOUNOS COMO VIAXABA, COMO VIVÍA, E AS COUSAS QUE  MOITO LLE GUSTABAN....INVITOUNOS A IR A SÚA CASA E XA QUEDAMOS EN QUE IRIAMOS VISITALA !! GRACIAS BABA YAGA ! VISITA DE BABA YAGA on PhotoPeach

VOTACIÓN DOS SELFIES POLA LECTURA

PARA ELEXIR A FOTO GAÑADORA DO "SELFIE POLA LECTURA "O PROFE IVÁN FIXO NA ESCOLA UNHA VOTACIÓN ENTRE AS FOTOS PARTICIPANTES. ENTRE TODOS ELEXIMOS A FOTO DO NOSO COMPAÑEIRO IVÁN, E ENTRE TODAS AS FOTOS DO CRA SAÍU GAÑADORA A FOTO DE MARÍA DA ESCOLA DE LEDOÑO. NORABOA MARÍA!

PASEO POR O BOSQUE

CHEGOU O OUTONO E FOMOS VER SI CO CAMBIO DE ESTACIÓN HABÍA ALGUNHA NOVIDADE POR O BOSQUECIÑO QUE TEMOS DETRÁS DA ESCOLA. DESCUBRIMOS CASTAÑAS, NOCES, FOLLAS SECAS...E DESPOIS ADENTRÁMONOS NO MESMO QUE SEMPRE DA MOITAS HISTORIAS QUE CONTAR......

BENVIDOS

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR E DAMOS A BENVIDA ÓS NOVOS COMPAÑEIROS :LUIS, LEO F., LEO M., SARA, PABLO E IVÁN. TODOS XUNTOS IMOS COMEZAR UNHA NOVA HISTORIA!!

DESPEDIDA!

REMATOU O CURSO E DESPEDÍRONSE SUSANA, XIÁN E GABRIEL. MOITA SORTE NA VOSA SEGUINTE ETAPA QUE IDES COMEZAR! BOTARÉMOSVOS EN FALTA!

FESTA DE FIN DE CURSO

CHEGARON AS VACACIÓNS , AGORA TOCA DESCANSAR E DISFRUTAR DO VERÁN!! PARABÉNS PARA TODOS E TODAS POLO BEN QUE O FIXECHEDES !!BO VERÁN!!

UNHA VIAXE EMOCIONANTE

PARA DESPEDIR O CURSO, TIVEMOS UN NOVO CONTICRA NA ESCOLA, ESTA VEZ O CONTO FOI ELABORADO POR TODOS OS NENOS E NENAS DO CRA E   QUEDOU PRECIOSO ! PARABÉNS PARA TODOS OS NENOS E NENAS!!!

A TROMPA E O VIOLÍN

RECIBIMOS NA NOSA ESCOLA A VISITA DE MANUEL E GABRIEL ENSINARONNOS COMO SOAN A TROMPA E O VIOLÍN, AS DUAS SEMELLANZAS E DIFERENZAS. TOCÁRONNOS UNHAS MELODIAS MOI CHULAS.MOITAS GRAZAS!!

VIAXE A SANTIAGO


COMO A AVIONETA PEPA, NÓS TAMÉN FOMOS COÑECER SANTIAGO, E FOMOS NUN MEDIO DE TRANSPORTE ESPECIAL: O TREN!
ESTIVEMOS COMA PEPA NA PRAZA DO OBRADOIRO, NA PRAZA DA QUINTANA, VIMOS A CATEDRAL, FOMOS Á ALAMEDA, ESTIVEMOS CAS DUAS MARÍAS..., XANTAMOS NA ALAMEDA E DESPOIS FOMOS XOGAR UN POUCO NO PARQUE...PASÁMOLO XENIAL!!

VISITA Ó MUNCYT

O DÍA 24 FIXEMOS UNHA VISITA Ó MUNCYT. VIMOS COUSAS MOI INTERESANTES: UN FARO MOI ANTIGO DA TORRE DE HÉRCULES, UNHA PARTE GRANDE DUN AVIÓN, UN ORDENADOR MOI ANTIGO...TAMÉN VIMOS UNS ROBOTS MOI SIMPÁTICOS, FIXEMOS UNHA MANUALIDADE DUN HELICÓPTERO QUE VOABA XENIAL.

ROMARÍA DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O VENRES 20 DE MAIO CELEBRAMOS NA TORRE DE CELAS A ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016 . FIXEMOS XOGOS TRADICIONAIS, E UN MAIO MOI BONITO, CANTAMOS CANTIGAS DE POEMAS DE MANUEL MARÍA, COMIMOS CAS NOSAS FAMILIAS E COS PROFES, VIÑERON OS GAITEIROS DO GRUPO ANCORADOIRA, E DESPOIS DE COMER HOUBO XOGOS PARA TODOS, PASÁMILO XENIAL!
GRAZAS A  TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR CONNOSCO!

A VOLTA CAS EMOCIÓNS

RABIA, ENFADO !

A VOLTA CAS EMOCIÓNS

CALMA!

A VOLTA CAS EMOCIÓNS

MIEDO!

A VOLTA CAS EMOCIÓNS

TRISTEZA

A VOLTA CAS EMOCIÓNS

ESTIVEMOS TRABALLANDO AS EMOCIÓNS A TRAVÉS DALGÚNS LIBROS DE CONTOS , UN QUE GUSTOUNOS MOITO FOI O " MONSTRUO DE COLORES". E ASÍ EXPRESAMOS NOS  AS DISTINTAS EMOCIÓNS!!ALEGRÍA!

AS FASES DA LÚA

CO PROFE IVÁN ESTIVEMOS A TRABALLAR AS FASES DA LÚA, ESTIVEMOS VENDO PORQUE AS VECES VIAMOS A LÚA DE DISTINTA FORMA, CADA CANTO TEMPO OCURRÍA, COMO SE CHAMABAN AS DISTINTAS FASES....E DESPOIS POR EQUIPOS DESCUBRIMOS COMO PODIAMOS FORMAR NOS AS DISTINTAS FASES DA LÚA CON GALLETAS ....

DÍA DO LIBRO

O DÍA 22 CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO TODOS OS NENOS E NENAS DO CRA. VISITÓUNOS A DRAGONA RAMONA, ENTREGOUSE O PREMIO DOS SELFIES POLA LECTURA , MERENDAMOS E XOGAMOS... PASÁMOLO MOI BEN.

SELFIES POLA LECTURA

NA ESCOLA FIXEMOS UNHA VOTACIÓN PARA ESCOLLER A FOTO GAÑADORA NO CONCURSO DE SELFIES. SAÍU ESCOLLIDA A FOTO DE XIÁN, E AGORA PASARÁ A CONCURSAR CAS FOTOS GAÑADORES DAS OUTRAS ESCOLAS!

DANZA DA CHOIVA

O PASADO LUNS DÍA 11 DE ABRIL FOMOS A CERCEDA A VER A "DANZA DA CHOIVA" DO "EEFANTE ELEGANTE".TRATABA DO CAMBIO CLIMÁTICO, Ó PRINCIPIO HABÍA MOITAS COLLEITAS PERO DESPOIS COMO NON HABÍA AUGA NON MEDRABA NADA. NO MEDIO SALÍA UN GALO QUE TIÑA MOI MAL HUMOR!. AO FINAL TIVERON QUE MARCHAR TODOS A OUTRO LUGAR , TODOS ESPERÁBAMOS ANSIOSOS QUE CHOVERA PERO NON CHOVEU!

DÍA DA ÁRBORE

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE. PRIMEIRO PLANTAMOS NA NOSA ESCOLA DÚAS ÁRBORES, AGORA TEMOS QUE COIDALAS MOI BEN PARA QUE MEDREN MOITO. E UNS DÍAS MÁIS TARDE NO XARDÍN BOTÁNICO PLANTAMOS DOUS CARBALLOS, DESPOIS FIXEMOS UN DESCANSO PARA REPOÑER FORZAS PARA PASAR UNHAS PROBAS ATOPANDO PISTAS ... HABÍA QUE ESTAR MOI ATENTOS!. Ó FINAL VIMOS UNHA OBRIÑA DE TEATRO QUE TRATABA DA HISTORIA DUN CARBALLO. PASÁMOLO MOI BEN.

PLANTAMOS !

ESTE ANO AINDA QUE UN POUCO TARDE PLANTAMOS NA HORTA. ENTRE TODAS E TODOS PLANTAMOS PATACAS, COLES, LEITUGAS E TAMÉN SEMENTES DE CABAZAS. HABER SE MEDRA ALGO ! TAMÉN SEMENTAMOS NA CLASE LEITUGAS DE DUAS CLASES E SEMENTES DE FLORES, CANDO MEDREN ALGO AS SACAREMOS PARA A HORTA.

XOGA

FIXENOS UNHA SAÍDA Ó FORUM  A VER "XOGA".
EXPLICÁRONNOS AS DIFERENTES  PARTES DO CORPO E O SEU FUNCIONAMENTO.
GUSTOUNOS MOITO E PASÁMOLO MOI BEN.

O SISTEMA SOLAR

CO PROFE IVÁN ESTAMOS ESTUDIANDO O SISTEMA SOLAR, E PARA ENTENDELO MILLOR CADA UN DE NÓS CONVERTÍMONOS NUN PLANETA, ASTRO...

INVESTIGAMOS!!

APROVEITANDO QUE NON CHOVÍA E DESPOIS DE EXPLICARNOS O PROFE IVÁN CÓMO FUNCIONABA O TELÉSCOPIO, SAÍMOS Ó PATIO A VER QUE PODIAMOS VER !!!!
ESTIVO MOI BEN!!

ARCOS IRIS

SAÍMOS VER UN CONCERTO DE ARCOS IRIS NO CEIP RÍA DO BURGO . AMOSÁRONNOS COMO A TRAVÉS DA MÚSICA PODEMOS ESTAR ALEGRES, TRISTES , SENTIR MEDO... EMOCIONARNOS!!.

ANTROIDO FESTA

O VENRES DÍA 5 CELEBRAMOS A FESTA DO ENTROIDO NO PAVILLÓN DE ALMEIRAS.
FIXEMOS XOGOS, COMIMOS AS LARPEIRADAS TÍPICAS DO ANTROIDO E DESPOIS BAILAMOS. PASÁMOLO MOI BEN!

DISFRAZADOS PARA O ANTROIDO

NA ESCOLA VESTÍMONOS PARA IR A FESTA DO ENTROIDO. QUEDAMOS ASÍ DE GUAPOS!!

MANDACRÁ

NA SEMANA DO ENTROIDO, MANDACRÁ ENVIOUNOS A TRAVÉS DA PÁXINA WEB RECADIÑOS DE COMO TIÑAMOS QUE VIR Á ESCOLA , E ASÍ O FIXEMOS. QUEDAMOS MOI SIMPÁTICOS!.

ANTROIDO

CELEBRAMOS A FESTA DO ENTROIDO DURANTE A 1º SEMANA DE FEBREIRO. COMO ESTAMOS A PREPARAR UNHA VIAXE A VALENCIA PARA A AVIONETA PEPA APROVEITAMOS PARA FACER UNHA PAELLA PARA COMPLETAR O NOSO DISFRAZ DE MESTRES PAELLEROS. SAIUNOS MOI RICA!!

DÍA DA PAZ

A FINAIS DO MES DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ.
OS PROFES MABEL E IVÁN VIÑERON Á ESCOLA CONTARNOS UN CONTO MOI BONITO "SAL E AZUCRE" QUE GUSTOUNOS MOITO.
TAMÉN PENSAMOS E ESCRIBIMOS ENTRE TODOS PALABRAS BONITAS PARA O DÍA DA PAZ, PEGÁMOLAS NA PIZARRA E DESPOIS TAMÉN AS ESCRIBIMOS NUNHA POMBA DA PAZ QUE COMPARTIMOS COS NOSOS COMPIS. QUEDOU MOI BONITA!!

CHEGARON OS REIS

OS REIS MAGOS DEIXÁRONNOS  NA ESCOLA  O QUE LLE PEDÍRAMOS  UNHA MASCOTA , AGORA ENTRE TODOS TEMOS QUE COIDALA !!
TAMÉN O PROFE IVÁN QUE ESTÁ A TRABALLAR O UNIVERSO  PEDÍULLE ÓS REIS PARA TODOS OS NENOS E NENAS UN TELESCOPIO. ENSINOULLES COMO SE MONTABA E O FIXERON ENTRE TODOS...XA SOLO QUEDA PODER USALO!.