Páxinas

SAMAÍN

O DÍA 28 CELEBRAMOS A FESTA DO SAMAÍN NA ESCOLA .CANDO CHEGAMOS NOS ATOPAMOS CUNHA CAIXA DO MEDO QUE VIÑA DA ESCOLA DE LEDOÑO, E DE VERDADE DABA MOITO MEDO!! DESPOIS VIÑERON UNS VELLIÑOS A ESCOLA CONTARNOS A HISTORIA DO SAMAÍN E REGALARONNOS UNHAS ARAÑAS QUE ATOPARON POLO CAMIÑO E PARA REMATAR A FESTA PREPARAMOS A MERENDOLA: UNHAS ESCOBIÑAS DE BRUXA E TAMÉN MERENDAMOS BISCOITO, GALLETAS DE MEDO E UNHAS ARAÑAS MOI RICAS QUE PREPAROU O NOSO COMPAÑEIRO LUIS COA SUA MAMÁ ANTÍA. PASÁMOLO XENIAL SORPRESAS NO SAMAÍN on PhotoPeach MERENDOLA on PhotoPeach

SAMAÍN

CO MOTIVO DO SAMAÍN ESTIVEMOS A BALEIRAR , PINTAR E DECORAR CABAZAS, TAMÉN FIXEMOS CARETAS DE ESQUELETES, MORCEGOS....COUSAS DE MOITO MEDO!!!

VISITA DE BABA YAGA

O MARTES 25 DE OUTUBRO VEU  VISITARNOS Á ESCOLA BABA YAGA, UNHA BRUXA QUE VIÑA DE MOI LONXE DE RUSIA!! MIRAMOS ONDE QUEDABA RUSIA, E ELA EXPLICOUNOS COMO VIAXABA, COMO VIVÍA, E AS COUSAS QUE  MOITO LLE GUSTABAN....INVITOUNOS A IR A SÚA CASA E XA QUEDAMOS EN QUE IRIAMOS VISITALA !! GRACIAS BABA YAGA ! VISITA DE BABA YAGA on PhotoPeach

VOTACIÓN DOS SELFIES POLA LECTURA

PARA ELEXIR A FOTO GAÑADORA DO "SELFIE POLA LECTURA "O PROFE IVÁN FIXO NA ESCOLA UNHA VOTACIÓN ENTRE AS FOTOS PARTICIPANTES. ENTRE TODOS ELEXIMOS A FOTO DO NOSO COMPAÑEIRO IVÁN, E ENTRE TODAS AS FOTOS DO CRA SAÍU GAÑADORA A FOTO DE MARÍA DA ESCOLA DE LEDOÑO. NORABOA MARÍA!

PASEO POR O BOSQUE

CHEGOU O OUTONO E FOMOS VER SI CO CAMBIO DE ESTACIÓN HABÍA ALGUNHA NOVIDADE POR O BOSQUECIÑO QUE TEMOS DETRÁS DA ESCOLA. DESCUBRIMOS CASTAÑAS, NOCES, FOLLAS SECAS...E DESPOIS ADENTRÁMONOS NO MESMO QUE SEMPRE DA MOITAS HISTORIAS QUE CONTAR......

BENVIDOS

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR E DAMOS A BENVIDA ÓS NOVOS COMPAÑEIROS :LUIS, LEO F., LEO M., SARA, PABLO E IVÁN. TODOS XUNTOS IMOS COMEZAR UNHA NOVA HISTORIA!!