Páxinas

QUE TAL VEXETAL!

ESTES DÍAS TOCOUNOS TRABALLAR CO LIBRO "QUE TAL VEXETAL" . O NOSO ENCARGADO FOI O QUE SACOU DOS SOBRES AS CORES E FORMAS DOS ALIMENTOS QUE TIÑAMOS QUE ATOPAR, !
CORES MARRÓN E VERMELLA, FORMA OVALADA, ASÍ BUSCAMOS E ATOPAMOS MOITOS ALIMENTOS, ESCRIBIMOS OS SEUS NOMES E QUEDOUNOS ASÍ DE CHULI!

OS SENTIDOS

CON A PROFE INÉS EXPERIMENTAMOS E APRENDIMOS MOITAS COUSAS DOS SENTIDOS:
MIRAMOS CON LUPAS O IRIS E PUPILAS DOS COMPIS.
PROBAMOS ALIMENTOS SALGADOS, DOCES,AMARGOS,ÁCIDOS...
ULIMOS DIFERENTES ALIMENTOS.
TOCAMOS DIFERENTES TEXTURAS, E HABÍA UNHA TEXTURA BEN DISTINTA:UN HAMSTER QUE NOS TROUXO INÉS.MENUDA SORPRESA!!

LA GALLINA DE LOS HUEVOS DE ORO

O DIA 1 DE DECEMBRO FOMOS AO FORUM METROPOLITANO A VER A OBRA "LA GALLINA DE LOS HUEVOS DE ORO" REPRESENTADA POR ZUM ZUM TEATRE. ESTIVO MOI ENTRETENIDA E PASÁMOLO XENIAL ! ASÍ DE MARCHOSOS VOLTAMOS PARA A ESCOLA!

PIRÁMIDE DE ALIMENTOS

SEGUIMOS A VOLTAS COA ALIMENTACIÓN, E AGORA ESTAMOS TRABALLANDO COA PIRÁMIDE DE ALIMENTOS, APRENDENDO O QUE CADA GRUPO DE ALIMENTOS NOS APORTA, E A FRECUENCIA COA QUE DEBERÍAMOS DE COMELOS.

LA MERIENDA

DESPOIS DE LER O CONTO "LA MERIENDA" DECIDIMOS QUE INVITARIAMOS AO NOSO MONO LOLO A MERENDAR . COA AXUDA DA PROFE INÉS FIXEMOS E MONTAMOS A LOLO MOI GUAPO E ENTRE TODOS PREPARÁMOSLLE UNHAS FROITAS MOI RICAS!

MAGOSTO

PARA CELEBRAR O MAGOSTO , ESTIVEMOS A PREPARAR O NOSO CUCURUCHO PARA TOMAR AS CASTAÑAS, PREPARANDO CANTIGAS DE MAGOSTO... DESPOIS NA TORRE DE CELAS PASÁMOLO MOI BEN COS DISTINTOS XOGOS !

DESPOIS TIÑAMOS UNS AGASALLOS PARA MULLERES IMPORTANTES DE CULLEREDO, NÓS LLO DIMOS A LENI UNHA GRANDE XOGADORA DE FUTBOL SALA, PERO HABÍA AGASALLOS PARA TODAS! MERENDAMOS AS CASTAÑAS QUE ESTABAN MOI RICAS !!

VERDURAS Ó PODER !

DENTRO DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO, EMPEZAMOS A TRABALLAR CO LIBRO: LA REBELIÓN DE LAS VERDURAS.TRATÁBASE DE QUE POR MEDIO DUN CONTO, POESÍA, RIMA ADIVIÑAS OU UN COMIC, INTENTARAMOS CONVENCER A XENTE DA IMPORTANCIA DE COMER VERDURAS!  ENTRE TODOS DECIDIMOS QUE IAMOS FACER UN COMIC, A VER SE VOS GUSTAN!

1ª VISITA DE BRÚJULA

NA ESCOLA RECIBIMOS UNHA  VISITA DENDE ISLA FANTASÍA A GRAN BRUXA CHINA BRÚJULA, A AVOA DE YOU YOU TU!. TRAÍA UNHA GRAN MALETA CHEA DE RECORDOS DAS SÚAS VIAXES POLO MUNDO. FALOUNOS DO QUE PASOU CA ESCOLA DO UNICÓRNIO, DA SÚA CASA UNHA PAGODA, E AXUDOUNOS A BUSCAR NA NOSA ESCOLA O NORTE ,SUR ESTE E OESTE! PASÁMOLO XENIAL! ESPEREMOS QUE VOLVA PRONTO!

CELEBRANDO O SAMAÍN "ATRAPASOÑOS"

DESPOIS DE TANTO FALAR DO SAMAÍN,  DE DECORAR A A ESCOLA, DE TALLAR CABAZAS, DE LER CONTOS DE MEDO... FIXEMOS UNA ATRAPASOÑOS PARA QUE NON DEIXEN PASAR OS PESADELOS!! NON TEMOS MEDO A NADA!!

CELEBRANDO O SAMAÍN

E CHEGOU O DÍA DA CELEBRACIÓN: VIÑEMOS TODOS MOI GUAPOS PARA CELEBRAR O SAMAÍN, FIXEMOS UNHAS MARIONETAS DE DEDO, PREPARAMOS A MERENDA E BAILAMOS E CANTAMOS...ESTIVO MOI BEN! O ANO QUE VEN HABERÁ MAIS!!!

CELEBRANDO O SAMAÍN

PREPARAMOS UNHA MERENDA NA ESCOLA :FIXEMOS MOUCHOS , ARAÑAS, UN CASTELO DE BISCOITO...ESTABA TODO MOI RICO!!

CELEBRANDO O SAMAÍN

PARA CELEBRAR O SAMAÍN , ESTIVEMOS  A AMBIENTAR O NOSO COLE :DECORAMOS A PORTA, AS FIESTRAS, O PASILLO....E TAMÉN TALLAMOS E DECORAMOS CABAZAS! QUEDARON MOI BONITAS!!

MONSTRUO ROSA

VISITOUNOS NA ESCOLA O MONSTRUO ROSA QUE SAIU DO SEU LIBRO PARA CONTARNOS A SÚA HISTORIA:  PRESENTOUNOS AOS SEUS AMIGOS E REGALOUNOS  CHUCHES ! DESPOIS O PROFE IVÁN METEUNO OUTRA VEZ NO SEU LIBRO E GARDOUNO NA BIBLIOTECA!! QUE BEN O PASAMOS!

NOVAS DENDE ISLA FANTASÍA

RECIBIMOS UNHA NOVA CARTA DE YOU YOU TU, NESTA CARTA EXPLÍCANOS COMO É A CASA DA SÚA AVOA BRÚJULA E OS MONTÓNS DE TESOUROS QUE NELA HAI, E A MILLOR DE TODAS AS NOVAS: BRÚJULA VAINOS VIR VISITAR!!

BROCHETAS DE FROITA

NA ESCOLA OBSERVAMOS AS DIFERENTES FROITAS QUE ENTRE TODOS TROUXEMOS DA CASA:MIRAMOS A SÚA FORMA, A SÚA COR, O SEU TACTO, AS CHEIRAMOS E TAMÉN AS DEBUXAMOS. DESPOIS AS PELAMOS E CORTAMOS EN TROZOS E EXPLICAMOS COMO SE FACÍAN AS BROCHETAS DE FROITA...CADA QUEN FIXO A QUE MÁIS LLE GUSTABA! E ESTABAN MOI BOAS! HAI MOITAS FORMAS DE COMER A FROITA!!

A ORIXE DOS ALIMENTOS

ESTAMOS TRABALLANDO A ORIXE DOS ALIMENTOS, E XA APRENDIMOS MOITAS COUSAS, CLASIFICAMOS OS ALIMENTOS NOS PANEIS QUE FIXEMOS!!

CARTA DE ISLA FANTASÍA

RECIBIMOS UNHA CARTA DE ISLA FANTASÍA, ESCRIBÍUNA YOU YOU TU A NETA DA GRAN BRUXA CHINA BRÚJULA. NA CARTA DECIANOS QUE AGORA OS NENOS E NENAS DA ILLA ESTUDIAN NA PAGODA QUE É A CASA DE BRUJULA..
DENTRO DA CARTA VIÑA UN MAPA E UNHA ROSA DOS VENTOS, NO MAPA ATOPAMOS A PAGODA, A CASA DE YOU YOU TU E O BUQUE ESCOLA.

A NOSA BIBLIOTECA

O PROFE IVÁN TROUXONOS UN MONTÓN DE LIBROS NOVOS PARA A NOSA BIBLIOTECA E RECORDOUNOS  COMO OS TIÑAMOS  QUE ORDENAR, CLASIFICAR....TAMEN EXPLICOULLO AOS NOSOS NOVOS COMPIS...ENTRE TODOS COLOCAMOS A NOSA BIBLIOTECA.

BENVIDOS Ó NOVO CURSO

TEMPO DE REENCONTROS, DE COÑECER NOVOS COMPIS, DE COÑECER NOVOS PROFES...
BENVIDOS Á ESCOLA!

ILLA FANTASÍA

DESPOIS DE IR COÑECENDO A TRAVÉS DE CARTAS AS DISTINTAS PERSONAXES DA ILLA COMO: AS FADAS, O MOUCHO BETO, O MAGO ALFA,AS SOBRINAS TRAVIESAS DE MALAUVA, OS DUENDES....E MALAUVA QUE VISITOUNOS NA ESOLA VARIAS VECES....FOMOS VISITAR POR FIN A ILLA FANTASÍA!!
ALÍ VIMOS COMO VOOU O GLOBO DE PAPEL QUE ENTRE TODOS OS NENOS AXUDAMOS A DECORAR, PASEAMOS POLA ILLA, VIMOS A CASA DE MALAUVA, A ENSENADA PIRATA, A ESCOLA DO UNICÓRNIO....E COÑECIMOS AS DISTINTAS PERSONAXES COMO O MAGO ALFA O MOUCHO BETO, ESTIVEMOS CON MALAUVA...E DESPOIS XANTAMOS A LADO DA ÁRBORE SAGRADA.PARA REMATAR TIVEMOS UNHA SORPRESA . OS NENOS E NENAS QUE VAN PARA PRIMARIA RECIBIRON UN UNICORNIO CO SEU NOME E UN AGASALLO PARA TODOS E TODAS

EXCURSIÓN Ó MUIÑO DO PEDROSO

VIAXAMOS O MUIÑO DO PEDROSO EN NARÓN. ALÍ COS NOSOS COMPIS FIXEMOS MERMELADA DE KIWI, FIXEMOS PAN E APRENDIMOS COMO ERAN AS PEGADAS DE ALGÚNS ANIMAIS. TAMÉN VISITAMOS O MUIÑO BEN ANTIGO E MOI BEN CONSEVADO ONDE O MONITOR EXPLICÓUNOS COMO TRABALLABAN OS MIUÑEIROS, COMO VIVÍAN...TODO MOI INTERESANTE.XANTAMOS E XOGAMOS....PASAMÓLO XENIAL

TARROS DE CRISTAL

NA ESCOLA DECORAMOS UNS TARROS DE CRISTAL QUE VAN DIRECTOS A ILLA FANTASÍA PARA  COLABORAR NA SÚA DECORACIÓN!! QUEDA POUQUIÑO PARA IR VISITALA!!

GLOBO AEROSTÁTICO

CO PROFE IVÁN ESTIVEMOS APRENDENDO COUSAS DOS GLOBOS AEROSTÁTICOS: COMO SON, AS SÚAS PARTES...DESPOIS MIRAMOS CANTO MEDÍA O CUARTERÓN QUE OS NENOS DO CRA IMOS DECORAR PARA RECIBIR A VISITA DAS PERSONAXES DE ILLA FANTASÍA, E POR SUPOSTO AXUDAMOS A DECORALO. QUEDOU MOI BONITO!! TAMÉN VOAMOS UN GLOBO MÁIS PEQUENO !!

MUCRA

O DÍA 29 DE MAIO INAUGURAMOS O NOSO MUSEO O MUCRA. HABÍA MOITAS COUSAS ANTIGAS, AS QUE LEVAMOS NÓS DENDE A  NOSA ESCOLA E AS QUE TROUXERON OS OUTROS NENOS E NENAS DAS OUTRAS ESCOLAS DO CRA .TRABALLAMOS MOITO PARA QUE QUEDARA ASÍ DE BONITO!! DESPOIS RECIBIMOS A VISITA DE MARUXA E PEPIÑO!! E DURANTE TODA A SEMANA RECIBIMOS MOITAS VISITAS DE FAMILIARES E AMIGO. MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

O DÍA 19 DE MAIO CELEBRAMOS NA TORRE DE CELAS UNHA ROMARÍA PARA CONMEMORAR " O DÍA DAS LETRAS GALEGAS". FIXEMOS XOGOS TRADICIONAIS, ACTUAMOS PARA OS NOSAS FAMILIAS, RECIBIMOS AS VISITAS DE BEA  A DE ESTRELLA E DE ELENA ROCA, DE GONZALO O PAPA DE LUANA, DOS GAITEIROS QUE NOS AMENIZARON A COMIDA...DESPOIS FIXEMOS XOGOS CON FAMILIAS...DÍA COMPLETO!!

O CUARTERÓN

ESTIVEMOS NA ESCOLA ESTUDIANDO OS GLOBOS AEROSTÁTICOS CO PROFE IVÁN E COMO SABEMOS QUE OS HABITANTES DE ILLA FANTASIA VAN NECESITAR EN GLOBO, NÓS ESTIVEMOS A PINTAR UNHA PARTE PARA AXUDAR...

NOVA VISITA DE MALAUVA

MALAUVA VOLVEU VISITARNOS, TRAÍA UNHA ESCOBA CHULÍSIMA QUE LLE REGALOU O MAGO ALFA . ESTA VEZ LEEUNOS NO PATIO UN CONTO QUE FALABA DUNHA BRUXA QUE POLO CAMIÑO PERDÍA AS COUSAS, O MESMO QUE LLE PASA A ELA QUE CADA VEZ QUE VIAXA QUE PERDE AS COUSAS!!! HOXE AXUDÁMOSLLE A BUSCALAS E ATOPÁMOLAS POLO NOSO PATIO. DESPOIS FIXEMOS UNS CORAZÓNS PARA DECORAR A SÚA CASA DE ILLA FANTASÍA.

MUCRA 2017 PEZA 114

MUCRA 2017 PEZA 113

MUCRA 2017 PEZA 112

MUCRA 2017 PEZA 111

MUCRA 2017 PEZA 110

MUCRA 2017 PEZA 109

MUCRA 2017 PEZA 108

MUCRA 2017 PEZA 107

MUCRA 2017 PEZA 106

MUCRA 2017 PEZA 105

MUCRA 2017 PEZA 104

MUCRA 2017 PEZA 103

MUCRA 2017 PEZA 102

MUCRA 2017 PEZA 101

A CAPSULA DO TEMPO

NA ESCOLA LEÍMOS UN LIBRO"EL DIARIO DE LA CAJA DE FÓSFOROS" CON EL TIÑAMOS UNHA TAREFA ASOCIADA QUE ERA A DE CREAR A NOSA CÁPSULA DO TEMPO, PARA ESO ESCRIBIMOS NUN PAPELIÑO O NOSO NOME, A DATA E A NOSA IDADE, METEMOS OS PAPEIS NUNHA CAIXIÑA E ENTERRÁMOLA NO NOSO PÁTIO. SE CADRA ALGÚN DÍA DESENTERRÁMOLA TODOS XUNTOS DESPOIS DE MOITOS ANOS!!!

O LIBRO DO BUHO BETO

CHEGÓUNOS Á ESCOLA UN LIBRO QUE VEU DE ILLA FANTASÍA E NEL TIÑAMOS QUE ESCRIBIR ALGO EN GALEGO, XA QUE OS HABITANTES DA ILLA QUEREN APRENDER O GALEGO!.NÓS ESCRIBIMOS UNHA POESÍA DA PRIMAVERA E DESPOIS PALABRAS QUE NOS GUSTAN MOITO EN GALEGO!

ARTE DA NATUREZA

NA ESCOLA RECIBIMOS A VISITA DUNHAS ESTUDIANTES DE GRADO DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE VIÑERON COMPARTIR CON NÓS UN TRABALLO DE ARTE CONTEMPÓRANEO BASEADO NO LAND ART, O ARTE DA NATUREZA. TROUXERON DISTINTOS RECURSOS NATURAIS OU MATERIAIS DA NATUREZA E ENTRE TODOS FIXEMOS FIGURAS, FORMAS...QUEDARON MOI BONITAS. GUSTOUNOS MOITO ESTA EXPERIENCIA!

NOVAS DE ILLA FANTASÍA E VISITA DE MALAUVA

RECIBIMOS UNHA NOVA CARTA "DO BOSQUE DOS DUENDES "DE ILLA FANTASIA NELA INVITANNOS A GANDARÍO O 16 DE XUÑO...ALÍ  ESTAREMOS!!
TAMÉN VEU DE NOVO MALAUVA, TRAIA UNHA RECEITA DUNHA PÓCIMA MÁXICA PARA FACERNOS VALIENTES . ENTRE TODOS DESCUBRIMOS OS INGREDENTES E O BUHO BETO DEIXOUNOLOS  NA ESCOLA, ESTABA MOI BOA! PhotoPeach

MULLERES IMPORTANTES PARA NÓS

TODOS NÓS TEMOS SEGURO ALGUNHA MULLER IMPORTANTE NA NOSA VIDA. AQUÍ TEMOS AS MULLERES IMPORTANTES DAS NOSAS NENAS E NENOS DE A CHOEIRA.

VISITA AO XARDÍN BOTÁNICO

VISITAMOS OS HORTOS ECOLÓXICOS  QUE HAI NO XARDÍN BOTÁNICO. ALÍ EXPLICÁRONNOS CÓMO FUNCIONABAN E QUE HABÍA PLANTADO NELES. TAMÉN NÓS PLANTAMOS SEMENTES DE PEMENTO E TOMATE PARA LEVAR E COIDAR NA NOSA CASA!

DÍA DO LIBRO

O DÍA 21 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NA ESCOLA DA CHOEIRA TODOS ON NENOS E NENAS DO CRA. RECIBIMOS A VISITA DA DRAGONA RAMONA E DE PILI QUE É A ILUSTRADORA DO CONTO QUE NOS CONTOU A DRAGONA RAMONA " A PEDRA DO CERVO.".
FIXEMOS TAMÉN OBRADOIROS, MERENDAMOS E XOGAMOS TODOS XUNTOS. PÁSAMOLO MOI BEN!

RECICLAXE

NA ESCOLA RECIBIMOS A VISITA DUNHA MONITORA DO CONCELLO QUE VEU EXPLICARNOS O IMPORTANTE QUE É O RECICLAXE NO NOSO PLANETA.
TAMÉN DECORAMOS UNHA BOLSA DE TEA PARA LEVAR Á COMPRA E AXUDAR A REDUCIR PLÁSTICOS.

CUMPLES 2º TRIMESTRE

NO SEGUNDO TRIMESTRE CELEBRAMOS OS CUMPLES DE INÉS QUE ESTIVO CONNOSCO FACENDO PRÁCTICAS O O CUMPLE DE ROQUE.PARABENS!!

CHEGOU A PRIMAVERA!!

CHEGOU A PRIMAVERA E ENCANTANOS FACER MANUALIDADES CON MOITAS CORES!

PLANTAMOS NA HORTA

ESTE ANO NA NOSA HORTA PLANTAMOS FRESAS E TOMATIÑOS CHERRY DE DÚAS CLASES. AXUDOUNOS MOITO A PROFE MARICARMEN QUE SABE COIDAR MOI BEN AS FLORES E PLANTAS, E ENSINOUNOS COMO PODERIAMOS FACELO MOI BEN!

QUEBRACABEZAS "SON EU"

UN QUEBRACABEZAS COA NOSA FOTO FOI O QUE NOS CHEGOU A ESCOLA ESTA SEMANA, XOGAMOS MOITO CON ELES, E LEVÁMOLO PARA A NOSA CASA DE RECORDO.UN BONITO AGASALOLO!

MAQUETA "SON EU"

DENTRO DO PROXECTO "SON EU "FIXEMOS UNHAS MAQUETAS MOI CHULAS ONDE CADA UN DE NÓS REPRESENTOUSE A SI MESMO E AQUELAS COUSAS QUE LLE GUSTAN MOITO. QUEDARON MOI CHULAS!

VISITA Ó CENTRO DE MAIORES ASDEN

O DÍA 23 DE MARZO RECIBIMOS A VISITA DOS NENOS DE LEDOÑO. O PROFE IVÁN CONTOUNOS UN CONTO DE DINOSAURIOS E DESPOIS FOMOS FACER UNHA VISITA Ó CENTRO DE MAIORES ASDEN . CAS VELLIÑAS E VELLIÑOS  CONTAMOS UN CONTO, CANTAMOS E BAILAMOS E DESPOIS ELES ENSINARONNOS  OS SEUS XOGOS. TAMEN LLES REGALAMOS UNS DEBUXOS MOI BONITOS.Á VOLTA NA ESCOLA DESFRUTAMOS DO GRANIZO QUE CAERA, DESPOIS MERENDAMOS TODOS XUNTOS. PASAMOLO XENIAL!!

DÍA DA ÁRBORE

DENDE O CONCELLO TROUXERONNOS DUAS ARBORES PARA PLANTAR NO PATIO DA NOSA ESCOLA E ASÍ CONMEMORAR O DIA DA ARBORE. SON DOUS CASTIÑEIROS DE INDIAS E NOS VAN DAR MOITA SOMBRA!

VISITA DE MALAUVA

CHEGOU DE NOVO MALAUVA Á ESCOLA  ESTA VEZ VOANDO EN GLOBOS!!. RECORDOUNOS O QUE LERAMOS NA ULTIMA CARTA DE ILLA FANTASIA. AS PERSONAXES DA ILLA QUEREN VIR A CULLEREDO!!ASI QUE ANDAMOS ENTRE TODOS A BUSCARLLES  UN SITIO ONDE POIDAN QUEDARSE....MALAUVA TRAIANOS TAMEN DENTRO DALGUNS GLOBOS LETRAS E PAPEIS ATADOS?? ERAN MEDIOS DE TRANSPORTE PARA QUE AS PERSONAXES POIDAN DECIDIR EN QUE QUEREN VIAXAR!
GRAZAS MALAUVA!

CONCERTO ARCOS IRIS

O PASADO DÍA 14 DE MARZO FOMOS AO PALACIO DA OPERA NA CORUÑA VER O CONCERTO DE ARCOS IRIS . INTERPRETARONNOS DISTINTAS PEZAS PARA QUE ADIVIÑARAMOS QUE SENTIMENTOS NOS TRANSMITIAN.GUSTOUNOS MOITO E PORTAMONOS MOI BEN!!!

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

PARA CELEBRAR O DÍA 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, FOMOS Á TORRE DE CELAS, ONDE A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "AS BERENGUELAS", COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE CULLEREDO INVITÓUNOS A PRESENTAR O NOSO PROXECTO GAÑADOR  "SON EU".
 ADEMAIS ALÍ ESTABAN LOLA SOUTO DE 91 ANOS, QUE NOS FIXO UMHA POESÍA, ELENA FERRO ENSINÁNDONOS COMO SE FAN OS ZOCOS, ELENA FEAL COMO SE TRABALLA NUNHA GRANXA, SORAYA RUMBO MICROBIÓLOGA QUE EXPLICOUNOS COMO PODÍAMOS ATOPAR BACTERIAS TAN PRETO DE NÓS, ELVIRA FEAL COMO COSER BOLSAS DE PANDEIRETAS, PILAR IGLESIAS, CARMEN VARELA....TODAS MULLERES MOI IMPORTANTES!
FIXERÓNNOS AGASALLOS, E PASÁMOLO XENIAL!

"ABUELA CUENTANOS UN CUENTO"

NA CARPETA VIAXEIRA TIÑAMOS UN CONTO TITULADO "ABUELA CUÉNTANOS UN CUENTO"CUNHA TAREFA QUE CONSISTÍA EN FACER UNHA INVITACIÓN PARA CONVIDAR ÓS NOSOS AVÓS QUE  VIÑERAN Á ESCOLA CONTARNOS UN CON. ASÍ O FIXEMOS E XA TIVEMOS CATRO VISITAS DE AVÓS E AVOAS E DUNHA "BISA" QUE NOS ENSINARON UN MONTÓN DE COUSAS. PASAMÓLO XENIAL!!! AINDA ESPERAMOS MÁIS!!

ENTROIDO

A SEMANA DO ENTROIDO NA ESCOLA VIÑEMOS Á ESCOLA CO QUE MANDACRÁ NOS DICÍA: ALGO NA CABEZA, ALGO NO PESCOZO, ALGO PRESTADO, OS ZAPATOS CAMBIADOS..ESTIVO MOI DIVERTIDO! TAMÉN ESTIVEMOS A DECORAR A CLASE, FIXEMOS CARETAS E ANTIFACES, E O VENRES XA DISFRAZADOS DE CHOQUEIRIÑOS FOMOS CELEBRAR A FESTA NO PAVILLÓN DE ALMEIRAS, FIXEMOS XOGOS, MERENDAMOS OS POSTRES DE ENTROIDO  COAS NOSAS FAMILIAS E BAILAMOS A RITMO DA PROFE MABEL!TODO ESTIVO XENIAL!

DÍA DE ROSALÍA

PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA DENDE O E.N.D.L.. SE NOS PROPUXO QUE ESCRIBIRAMOS ENTRE TODOS UNHA POESÍA DE ROSALÍA E DECORARAMOS UNHA CARETA , ASÍ QUE ASÍ O FIXEMOS. ESTIVEMOS VENDO COUSAS DA SÚA VIDA, ESCRIBIMOS O POEMA, E RECORDAMOS QUE O DÍA 24 DE FEBREIRO CUMPRIRÍANSE 180 ANOS DO SEU NACIMENTO.

"SON EU" ASÍ SOMOS NÓS

SEGUIMOS A TRABALLAR CO PROXECTO "SON EU". AGORA ESTIVEMOS POSANDO ASÍ DE GUAP@S PARA FACER PUZZLES.

"SON EU" VESTIMOS MANEQUÍS

NA ESCOLA TIVEMOS UNHA SORPRESA DOUS MANEQUÍS E UNHA MOCHILA CHEA DE ROUPA E CALZADO . ESES MANEQUÍS ERAN DE HOME OU MULLER???
BALEIRAMOS A MOCHILA E VESTÍMOLOS COMO MAÍS NOS GUSTOU!
QUEDARON MOI GUAPOS!

VISITA DE MALAUVA

VOLVEU MALAUVA Á NOSA ESCOLA !! ESTA VEZ CANDO CHEGABA ATOPOU NAS ARBORES DE DETRAS DA ESCOLA UNHA COLA DE SEREA QUE NOS ANDABAMOS A BUSCAR POR ENCARGO DO BUHO BETO (OS GNOMOS AS PERDERAN DE CAMIÑO A ILLA FANTASIA POR CULPA DUNHA GRANDE TORMENTA). DESPOIS MANDAMOS UN AVISO PINTANDO UNHAS PEDRAS E COLOCANDOAS NUN LUGAR DENDE ONDE AS PUIDERAN VER REFLEXADAS NO CEO EN ILLA FANTASIA, E XA VIÑERON A RECOLLELA!!!

"SON EU"

COMEZAMOS CUN NOVO PROXECTO  " SON EU" GAÑADOR DO PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
PRESENTOUSENOS NA AULA UN XOGO DE ADIVIÑAS MOI DIVERTIDO, É UN NENO ?, É UNHA NENA?

DÍA DA PAZ

PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ RECIBIMOS NA ESCOLA A VISITA DE MARUXA E PEPIÑO, QUE VIÑERON CONTARNOS UN CONTO "MARUXA"QUE É O SEU CONTO. MARUXA DI QUE PEPIÑO NON É MOI TRABALLADOR PORQUE NON FAI NADA NA CASA PERO CREMOS QUE A PARTIRES DE AGORA VAI COLABORAR MAIS .
PEPIÑO FIXO PAN NA ESCOLA COA AXUDA DAS PALABRAS MÁXICAS QUE SABIA MARUXA...E DESPOIS TODOS  MERENDAMOS ESES BOLIÑOS!

VISITA DE MALAUVA

NA ESCOLA TIVEMOS UNHA VISTA INESPERADA : A BRUXA  MALAUVA!! VIVE EN ILLA FANTASIA NO PICO DAS BRUXAS COAS SUAS NETAS.
VIÑA UN POUCO APURADA PORQUE  NO CAMIÑO ROMPEULLE A ESCOBA POR CULPA DA TORMENTA E VIÑA NUN PARACAIDAS MOI GRANDE.
DE REGALO TROUXONOS UNHAS PALABRAS MOI FERMOSAS  PARA O DIA DA PAZ, CONTOUNOS COSAS MOI INTERESANTES DE ILLA FANTASIA E DIXONOS QUE IGUAL VOLVERIA FACERNOS OUTRA VISITA , SINO QUE TERIAMOS QUE IR NOS VISITALA !

VISITA Á DOMUS

O MÉRCORES DÍA 18 VISITAMOS A DOMUS, ESTÁ NUN SITIO PRIVILEXIADO: HAI UNHAS VISTAS MOI BONITAS!! DESPOIS ALÍ PUIDEMOS VER E EXPERIMENTAR MOITAS COUSAS: CANTO MEDIAMOS, CANTO PESABAMOS, CANTO MEDIA O NOSO SALTO...PUIDEMOS VER COMO NACÍA UN BEBÉ,ESCOITAR COMO LATEXABA O NOSO CORAZÓN....VIMOS OS NOSOS ANTEPASADOS, O HOME MÁIS ALTO...GUSTOUNOS MOITO TODO, PASÁMOLO MOI BEN!
NA CARPETA VIAXEIRA TIVEMOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE UNS LIBROS MOI BONITOS E COS QUE FIXEMOS ALGUNHAS TAREFAS MOI DIVERTIDAS : DESCUBRIMOS FAMILIAS DIFERENTES, FIXEMOS POESIAS, AVERIGUAMOS QUE A NOSA ROUPA ESTABA FEITA DE DISTINTOS MATERIAIS , VIMOS CAL FOI A VIAXE MAIS INTERESANTE  QUE FIXEMOS E PORQUE NOS GUSTOU TANTO....

CARPETA VIAXEIRA on PhotoPeach

CHEGARON OS REIS !!

XA DE VOLTA DAS VACACIÓNS TIÑAMOS UNHA SORPRESA NA ESCOLA: OS REIS COMO NOS PORTAMOS MOI BEN DEIXARONNOS UNS AGASALLOS!!