Páxinas

VISITA DE MALAUVA

NA ESCOLA TIVEMOS UNHA VISTA INESPERADA : A BRUXA  MALAUVA!! VIVE EN ILLA FANTASIA NO PICO DAS BRUXAS COAS SUAS NETAS.
VIÑA UN POUCO APURADA PORQUE  NO CAMIÑO ROMPEULLE A ESCOBA POR CULPA DA TORMENTA E VIÑA NUN PARACAIDAS MOI GRANDE.
DE REGALO TROUXONOS UNHAS PALABRAS MOI FERMOSAS  PARA O DIA DA PAZ, CONTOUNOS COSAS MOI INTERESANTES DE ILLA FANTASIA E DIXONOS QUE IGUAL VOLVERIA FACERNOS OUTRA VISITA , SINO QUE TERIAMOS QUE IR NOS VISITALA !

VISITA Á DOMUS

O MÉRCORES DÍA 18 VISITAMOS A DOMUS, ESTÁ NUN SITIO PRIVILEXIADO: HAI UNHAS VISTAS MOI BONITAS!! DESPOIS ALÍ PUIDEMOS VER E EXPERIMENTAR MOITAS COUSAS: CANTO MEDIAMOS, CANTO PESABAMOS, CANTO MEDIA O NOSO SALTO...PUIDEMOS VER COMO NACÍA UN BEBÉ,ESCOITAR COMO LATEXABA O NOSO CORAZÓN....VIMOS OS NOSOS ANTEPASADOS, O HOME MÁIS ALTO...GUSTOUNOS MOITO TODO, PASÁMOLO MOI BEN!
NA CARPETA VIAXEIRA TIVEMOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE UNS LIBROS MOI BONITOS E COS QUE FIXEMOS ALGUNHAS TAREFAS MOI DIVERTIDAS : DESCUBRIMOS FAMILIAS DIFERENTES, FIXEMOS POESIAS, AVERIGUAMOS QUE A NOSA ROUPA ESTABA FEITA DE DISTINTOS MATERIAIS , VIMOS CAL FOI A VIAXE MAIS INTERESANTE  QUE FIXEMOS E PORQUE NOS GUSTOU TANTO....

CARPETA VIAXEIRA on PhotoPeach

CHEGARON OS REIS !!

XA DE VOLTA DAS VACACIÓNS TIÑAMOS UNHA SORPRESA NA ESCOLA: OS REIS COMO NOS PORTAMOS MOI BEN DEIXARONNOS UNS AGASALLOS!!