Páxinas

DÍA DE ROSALÍA

PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA DENDE O E.N.D.L.. SE NOS PROPUXO QUE ESCRIBIRAMOS ENTRE TODOS UNHA POESÍA DE ROSALÍA E DECORARAMOS UNHA CARETA , ASÍ QUE ASÍ O FIXEMOS. ESTIVEMOS VENDO COUSAS DA SÚA VIDA, ESCRIBIMOS O POEMA, E RECORDAMOS QUE O DÍA 24 DE FEBREIRO CUMPRIRÍANSE 180 ANOS DO SEU NACIMENTO.

"SON EU" ASÍ SOMOS NÓS

SEGUIMOS A TRABALLAR CO PROXECTO "SON EU". AGORA ESTIVEMOS POSANDO ASÍ DE GUAP@S PARA FACER PUZZLES.

"SON EU" VESTIMOS MANEQUÍS

NA ESCOLA TIVEMOS UNHA SORPRESA DOUS MANEQUÍS E UNHA MOCHILA CHEA DE ROUPA E CALZADO . ESES MANEQUÍS ERAN DE HOME OU MULLER???
BALEIRAMOS A MOCHILA E VESTÍMOLOS COMO MAÍS NOS GUSTOU!
QUEDARON MOI GUAPOS!

VISITA DE MALAUVA

VOLVEU MALAUVA Á NOSA ESCOLA !! ESTA VEZ CANDO CHEGABA ATOPOU NAS ARBORES DE DETRAS DA ESCOLA UNHA COLA DE SEREA QUE NOS ANDABAMOS A BUSCAR POR ENCARGO DO BUHO BETO (OS GNOMOS AS PERDERAN DE CAMIÑO A ILLA FANTASIA POR CULPA DUNHA GRANDE TORMENTA). DESPOIS MANDAMOS UN AVISO PINTANDO UNHAS PEDRAS E COLOCANDOAS NUN LUGAR DENDE ONDE AS PUIDERAN VER REFLEXADAS NO CEO EN ILLA FANTASIA, E XA VIÑERON A RECOLLELA!!!

"SON EU"

COMEZAMOS CUN NOVO PROXECTO  " SON EU" GAÑADOR DO PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
PRESENTOUSENOS NA AULA UN XOGO DE ADIVIÑAS MOI DIVERTIDO, É UN NENO ?, É UNHA NENA?

DÍA DA PAZ

PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ RECIBIMOS NA ESCOLA A VISITA DE MARUXA E PEPIÑO, QUE VIÑERON CONTARNOS UN CONTO "MARUXA"QUE É O SEU CONTO. MARUXA DI QUE PEPIÑO NON É MOI TRABALLADOR PORQUE NON FAI NADA NA CASA PERO CREMOS QUE A PARTIRES DE AGORA VAI COLABORAR MAIS .
PEPIÑO FIXO PAN NA ESCOLA COA AXUDA DAS PALABRAS MÁXICAS QUE SABIA MARUXA...E DESPOIS TODOS  MERENDAMOS ESES BOLIÑOS!