Páxinas

PIRÁMIDE DE ALIMENTOS

SEGUIMOS A VOLTAS COA ALIMENTACIÓN, E AGORA ESTAMOS TRABALLANDO COA PIRÁMIDE DE ALIMENTOS, APRENDENDO O QUE CADA GRUPO DE ALIMENTOS NOS APORTA, E A FRECUENCIA COA QUE DEBERÍAMOS DE COMELOS.

LA MERIENDA

DESPOIS DE LER O CONTO "LA MERIENDA" DECIDIMOS QUE INVITARIAMOS AO NOSO MONO LOLO A MERENDAR . COA AXUDA DA PROFE INÉS FIXEMOS E MONTAMOS A LOLO MOI GUAPO E ENTRE TODOS PREPARÁMOSLLE UNHAS FROITAS MOI RICAS!

MAGOSTO

PARA CELEBRAR O MAGOSTO , ESTIVEMOS A PREPARAR O NOSO CUCURUCHO PARA TOMAR AS CASTAÑAS, PREPARANDO CANTIGAS DE MAGOSTO... DESPOIS NA TORRE DE CELAS PASÁMOLO MOI BEN COS DISTINTOS XOGOS !

DESPOIS TIÑAMOS UNS AGASALLOS PARA MULLERES IMPORTANTES DE CULLEREDO, NÓS LLO DIMOS A LENI UNHA GRANDE XOGADORA DE FUTBOL SALA, PERO HABÍA AGASALLOS PARA TODAS! MERENDAMOS AS CASTAÑAS QUE ESTABAN MOI RICAS !!

VERDURAS Ó PODER !

DENTRO DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO, EMPEZAMOS A TRABALLAR CO LIBRO: LA REBELIÓN DE LAS VERDURAS.TRATÁBASE DE QUE POR MEDIO DUN CONTO, POESÍA, RIMA ADIVIÑAS OU UN COMIC, INTENTARAMOS CONVENCER A XENTE DA IMPORTANCIA DE COMER VERDURAS!  ENTRE TODOS DECIDIMOS QUE IAMOS FACER UN COMIC, A VER SE VOS GUSTAN!

1ª VISITA DE BRÚJULA

NA ESCOLA RECIBIMOS UNHA  VISITA DENDE ISLA FANTASÍA A GRAN BRUXA CHINA BRÚJULA, A AVOA DE YOU YOU TU!. TRAÍA UNHA GRAN MALETA CHEA DE RECORDOS DAS SÚAS VIAXES POLO MUNDO. FALOUNOS DO QUE PASOU CA ESCOLA DO UNICÓRNIO, DA SÚA CASA UNHA PAGODA, E AXUDOUNOS A BUSCAR NA NOSA ESCOLA O NORTE ,SUR ESTE E OESTE! PASÁMOLO XENIAL! ESPEREMOS QUE VOLVA PRONTO!

CELEBRANDO O SAMAÍN "ATRAPASOÑOS"

DESPOIS DE TANTO FALAR DO SAMAÍN,  DE DECORAR A A ESCOLA, DE TALLAR CABAZAS, DE LER CONTOS DE MEDO... FIXEMOS UNA ATRAPASOÑOS PARA QUE NON DEIXEN PASAR OS PESADELOS!! NON TEMOS MEDO A NADA!!

CELEBRANDO O SAMAÍN

E CHEGOU O DÍA DA CELEBRACIÓN: VIÑEMOS TODOS MOI GUAPOS PARA CELEBRAR O SAMAÍN, FIXEMOS UNHAS MARIONETAS DE DEDO, PREPARAMOS A MERENDA E BAILAMOS E CANTAMOS...ESTIVO MOI BEN! O ANO QUE VEN HABERÁ MAIS!!!

CELEBRANDO O SAMAÍN

PREPARAMOS UNHA MERENDA NA ESCOLA :FIXEMOS MOUCHOS , ARAÑAS, UN CASTELO DE BISCOITO...ESTABA TODO MOI RICO!!

CELEBRANDO O SAMAÍN

PARA CELEBRAR O SAMAÍN , ESTIVEMOS  A AMBIENTAR O NOSO COLE :DECORAMOS A PORTA, AS FIESTRAS, O PASILLO....E TAMÉN TALLAMOS E DECORAMOS CABAZAS! QUEDARON MOI BONITAS!!