Páxinas

FESTIVAL DE NADAL

O ÚLTIMO DÍA DE ESCOLA ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL, FIXEMOS O FESTIVAL NA NOSA CLASE. A NOSA ACTUCIÓN TITÚLASE "O ABETO ESTÁ BALEIRO".
QUEREDES VERNOS?

AMIGOS/AS INVISIBLES

DECORAMOS NA NOSA CASA UNS VASIÑOS DE CARTÓN QUE COMPARTIREMOS COS NOSOS COMPAÑEIROS . QUEDARON TODOS MOI BONITOS E CREATIVOS!

TRABALLANDO NO NADAL

NO NADAL DECORAMOS A NOSA PORTA DA CLASE COS NOSOS CALCETÍS PARA DEIXARLLOS A PAPA NOEL, TAMÉN PINTAMOS ENTRE TODOS UN ABETO DE CARTÓN QUE APROVEITAMOS PARA CANTAR A NOSA PANXOLIÑA, FIXEMOS FIGURIÑAS CON PASTA DE MODELAR E PINTÁMOLAS, E DESCUBRIMOS COMO APARECÍA UNHA NEVE MÁXICA QUE TAMÉN APROVEITAMOS PARA DECORAR OS NOSOS DEBUXOS. ELABORAMOS TAMÉN UNHA TARXETA DE FELICITACIÓN MOI CHULA CON LUZ.

MAMÁ CABRA

FOMOS VER A FUNDACIÓN ABANCA O CONCERTO DE MAMÁ CABRA EU COCIÑO ,TI COCIÑAS.ESTIVO MOI ENTRETENIDO !

SAÍDA Á FUNDACIÓN ABANCA

FOMOS VER A FUNDACIÓN ABANCA UNHA EXPOSICIÓN DE CADROS QUE ESTABAN RELACIONADOS COA MÚSICA . AO CHEGAR SUBIMOS NUN ASCENSOR MOI GRANDE E MOI ARTÍSTICO,SEMELLABA QUE ESTABAMOS NO FONDO DO MAR!
PRIMEIRO ESTIVEMOS NUN OBRADOIRO NO QUE PINTAMOS O QUE A MÚSICA NOS TRASMITIA E QUEDARONNOS UNS TRABALLOS MOI BONITOS. DESPOIS FOMOS VER AS OBRAS DE ARTE E A ESCOITAR OS INSTRUMENTOS O MESMO TEMPO
QUE ESTABAMOS A MIRAR. GUSTOUNOS UN MONTÓN! 

PINTURAS RUPESTRES

DENTRO DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO  DESTE CURSO , DESPOIS DE APRENDER CAIS SON AS DISTINTAS ARTES, EMPEZAMOS A VER Ó LONGO DA HISTORIA ESAS MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS FACENDO SOBRE TODO FINCAPÉ NA PINTURA.
EMPEZAMOS NA PREHISTORIA VIMOS COMO ERAN OS HOMES E MULLERES PRIMITIVOS, COMO VIVIAN E ONDE , QUE DESCUBRIRON O FOGO...PERO SOBRE TODO VIMOS ONDE PINTABAN, COMO PINTABAN, QUE UTILIZABAN PARA PINTAR :INSTRUMENTOS E PINTURAS....PRACTICAMOS COMO O FACÍAN E FIXEMOS O NOSO MURAL DE PINTURA RUPESTRE.

MAGOSTO

FOMOS CELEBRAR A FESTA DO MAGOSTO NA TORRE DE CELAS. PRIMEIRO ESTIVEMOS PREPARANDO O NOSO CARTUCHO DE CASTAÑAS NA CLASE, PINTÁMOLO CAS CORES DO OUTONO E DECORÁMOLO CUNHA CASTAÑA. QUEDOUNOS MOI CHULO!
NA TORRE DE CELAS PRIMEIRO XOGAMOS :TROMPO,A RAIA,CONSTRUCCIONS CON CAROZOS,CARREIRAS DE CASTAÑAS CON CULLER E XIZARTE.DESPOIS DEGUSTAMOS AS CASTAÑAS NO ALPRENDE , ESTABAN MOI RICAS!,  E AINDA DEUNOS TEMPO DE XOGAR UN POUCO ANTES DE VOLTAR PARA AS ESCOLAS! PASÁMOLO XENIAL!

SAMAÍN

TODA A SEMANA ESTIVEMOS A PREPARAR O NOSO SAMAÍN: DECORAMOS A ESCOLA, LEIMOS CONTOS DE MEDO,PINTAMOS E DECORAMOS CABAZAS, FIXEMOS UNHA TARÁNTULA E UNHA CALAVEIRA PARA ASUSTAR...E  O MÉRCORES 31 VIÑEMOS DISFRAZADOS DE MOITO MEDO Á ESCOLA, PREPARAMOS UNHA MERENDA TENEBROSA E RECIBIMOS A VISITA DE CARABUÑAS, QUE SAÍU DO CONTO E ESTIVO A FACERNOS UNHA VISITA CO PROFE IVÁN.
PASÁMOLO XENIAL!!!

VISITA A UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOS

FIXEMOS A  NOSA PRIMEIRA SAÍDA A VER UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOS  DE ABANCA NO XARDÍN BOTÁNICO DUNHA MOZA AMERICANA  RUTH MATILDA ANDERSON QUE VEU DENDE O OUTRO LADO DO MAR HAI CEN ANOS A FOTOGRAFIAR ENTRE OUTROS LUGARES A NOSA TERRA GALEGA. FIXO FOTOS DE CIDADES, VILAS, ALDEAS, PRAIAS, PORTOS,FEIRAS, RETRATOS DE PERSOAS...EN ELAS PUIDEMOS VER COMO VIVIA A XENTE  NESES TEMPOS, E TAMÉN VIMOS A ANTÓN UN NENO QUE ACOMPAÑABA NUNHA DAS FOTOS A SEU PAI QUE ERA AFIADOR! ESTIVO MOI BEN!

BILBLIOTECA DE AULA

XA ESTÁ FUNCIONANDO A NOSA BLBLIOTECA DE AULA. O PROFE IVÁN RECORDOUNOS OS DISTINTOS ESPACIOS DA NOSA BIBLIOTECA, E ENTRE TODOS COLOCAMOS UN MONTÓN DE LIBROS  QUE EMPEZAREMOS A DISFRUTAR EN FAMILIA OS FINES DE SEMÁN.

MOCHILAS VIAXEIRAS

DURANTE O CURSO TODAS AS NENAS E NENOS DA ESCOLA ADEMAÍS DE DISFRUTAR CADA SEMANA DUN LIBRO PARA LER COS NOSOS NA CASA, PUIDEMOS DISFRUTAR DA MOCHILA VIAXEIRA,  O PRÓXIMO ANO MAIS!

SAÍDA FIN DE CURSO

PARA REMATAR CO NOSO PROXECTO "MANSA Á MASA"  FOMOS VISITAR A PANADERÍA DA CUNHA EN CARRAL.VESTIRONNOS COMA VERDADEIROS PANADEIROS E PANADEIRAS E PROBAMOS FACER O PAN. TAMÉN VISITAMOS A FABRICA E CONVIDARONNOS A MERENDAR!

DESPOIS FOMOS PASEANDO POLA FEIRA E VENDO O QUE QUEDABA PARA VENDER, VIMOS QUE HABÍA ALGUNHA OFERTA...PERO NON TIVEMOS TEMPO DE FEIREAR PORQUE QUERIAMOS IR UN POUCO XOGAR O PARQUE NOVO DE DIANTE DO CONCELLO QUE ESTÁ MOI CHULI.

CANDO CHEGOU A HORA DE XANTAR, FOMOS DANDO UN PASEO ACOMPAÑADOS SEMPRE POR  MEMBROS DE PROTECCION CIVIL AO MERENDEIRO DA BREXA. COMIMOS  E TIVEMOS TEMPO PARA XOGAR. PASÁMOLO MOI BEN!

ESCORNABOT NA ESCOLA

ESTE CURSO O NOSO  PROFE DIEGO TROUXONOS UN ROBOT Á ESCOLA O ROBOT DOC  E APRENDIMOS A DARLLE MOITAS ORDES , AGORA TAMÉN TEMOS NA ESCOLA OS ESCORNABOTS, NOS QUE SEGUIREMOS A PRACTICAR. APRENDEMOS MOITO E GUSTANOS UN MONTÓN.

MERENDAS SAUDABLES

NA ESCOLA  TIVEMOS UN OBRADOIRO DE MERENDAS SAUDABLES. VIÑERON MATI,MIKI,DAVID E ANGEL DA ASOCIACIÓN A  ESCADA , E TAMÉN VIÑERON ANDREA, LORENA, MARICARMEN E ANA COMO MONITORAS E MARITÉ COMA ORGANIZADORA DO OBRADOIRO. 
FIXEMOS UNHAS MERENDAS MOI RICAS, MOI DIVERTIDAS E POR SUPOSTO MOI SAUDABLES.
PASÁMOLO XENIAL!
AGRADECEMOS Ó CONCELLO ESTE TIPO DE OBRADOIROS TAN ENRIQUECEDORAS PARA TODOS E TODAS.!

2ª VISITA Á PEPATECA

OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE SÉSAMO VIÑERON VISITAR A PEPATECA E PASAR CONNOSCO A MAÑÁ.
FIXEMOS MOITAS COUSAS XUNTOS: MABEL E IVÁN CONTARONNOS  O CONTO DE HANSEL E GRETEL, FIXEMOS UN OBRADOIRO DE COCIÑA, UN OBRADOIRO DE ARTE, UN OBRADOIRO DE XOGOS E PARA REMATAR VISITÓUNOS A NAI DE LUIS ANTÍA QUE NOS EXPLICOU MOITAS COUSAS DO COIDADO DOS BEBÉS NO HOSPITAL, DE COMO SE ALIMENTAN ANTES DE NACER, DE COMO SE ALIMENTAN CANDO ESTÁN MALIÑOS...ESTIVO MOI  INTERESANTE!
PASÁMOLO MOI BEN XUNTOS!!

VISITA DE BRÚJULA

VOLVEU VISITARNOS  BRÚJULA. ENSINOUNOS A FACER UN BURANGANDAUN QUE LEVAREMOS O DÍA QUE VISITEMOS A ILLA FANTASÍA PARA QUE O DRAGÓN PEGADAS SAIBA QUE SOMOS OS NENOS DO CRA DE CULLEREDO !

COCIÑANDO NA ESCOLA

NA ESCOLA FIXEMOS EMPANADILLAS DE XAMON E QUEIXO E DE ATÚN CON OVO, TOMATE E ACEITUNAS...ENTRE TODOS CORTAMOS, MESTURAMOS, PINTAMOS CON OVOS...ESTABAN MOI RICAS!

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

 E PARA REMATAR A FESTA DAS LETRAS GALEGAS HOUBO XOGOS PARA TODOS!

ROMARÍA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

FIXEMOS UN MERCADIÑO SOLIDARIO ONDE CAMBIAMOS OS EUROCRAS POLOS ALIMENTOS QUE TROUXERON AS NOSAS FAMILIAS ,RECAUDAMOS 260 KILOS !!!

ROMARÍA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CANTAMOS TODOS XUNTOS CA PROFE MABEL UNHA CANCIÓN O MAIO, DESPOIS CADA AULA FIXO UNHA PEQUENA ACTUACIÓN PARA O NOS NOSOS PAIS E VOLVIMOS CANTAR TODOS XUNTOS , FIXEMOLO MOI BEN.
TAMÉN FIXOSE UNHA ENTREGA DUN LOTE DE LIBROS A GAÑADORA DO CONCURSO DE RELATOS LITERARIOS , PARABÉNS A LUANA!

ROMARÍA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O DÍA 18 CELEBRAMOS NA TORRE DE CELAS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ESTIVEMOS XOGANDO COS PROFES E FIXEMOS UN MAIO MOI CHULO!
RECIBIMOS NA ESCOLA A VISITA  DOS TÉCNICOS DE EMERXENCIA SANITARIAS DO 112 E A SÚA AMBULANCIA.ENSINÁRONNOS COMO ACTUAR EN CASO DE EMERXENCIA, COMO CHAMAR AO 112 E QUE É MOI IMPRTANTE SABER A NOSA DIRECCIÓN! TAMÉN ENSINÁRONNOS A AMBULANCIA POR DENTRO, COMO MOLOU!

FACENDO XABÓN

PARA O MERCADIÑO SOLIDARIO DO  DÍA DA ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTIVEMOS FACENDO XABÓN NA ESCOLA. USAMOS GLICERINA, COLORANTES ESPECIALES PARA XABONES,ESENCIAS DE LIMÓN E AMORODOS E PURPURINA. PARA AS FORMAS USAMOS MOLDES DE ALIMENTOS, QUEDARONNOS MOI CHULIS.

DÍA DO LIBRO

O 23 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO TODOS XUNTOS OS NENOS E NENAS DO CRA NA ESCOLA DA CHOEIRA. TIVEMOS A VISITA DA DRAGONA RAMONA, FIXEMOS OBRADOIROS ,MERENDAMOS E XOGAMOS TODOS XUNTOS. PASÁMOLO XENIAL!

MUNDO MAMEMO

FOMOS VER NO EDIFICIO DE SERVICIOS MÚLTIPLES "MUNDO MAMEMO" INTERPRETADO POR LYDIA BOTANA E INVITADOS POLO CONCELLO. GUSTOUNOS MOITO

A NOSA HORTA

ESTIVEMOS AMAÑANDO A NOSA HORTA COA AXUDA DO PROFE MANUEL.PLANTAMOS PEMENTOS, TOMATES CHERRY CHICHAROS E AMORODOS QUE TAMÉN NOS TROUXO MANUEL.AGORA TOCA COIDALA E QUE MEDRE TODO PRONTIÑO!
FOMOS VER O "PEQUENO CIRCO AMBULANTE" NO PALACIO DA OPERA. HABÍA PALLASAS,MALABARISTAS,ADESTRADORAS DE PULGAS... DISFRUTAMOS MOITO CA MÚSICA DO CIRCO, COS SONS DO ACORDEÓN, DA BATERÍA ,DA TROMPETA...PASÁMOLO XENIAL!

BUSCANDO UNICORNIOS

DENDE ILLA FANTASIA DESPOIS DE IR SUPERANDO AS DISTINTAS PROBAS, TEMOS UNHA NOVA MISIÓN, QUE É A DE DESCUBRIR ONDE SE ESCONDERON OS UNICORNIOS QUE ESCAPARON DA ILLA , PODEN ESTAR AGACHADOS EN PELUCHES,CAMISETAS, CONTOS, CARTEIS...CANTOS MAIS DESCUBRAMOS, MAIS VOLVERÁN A ILLA FANTASÍA!! NÓS XA ATOPAMOS BASTANTES, E SEGUIMOS BUSCANDO!

VISITOUNOS BRÚJULA

VISITÓUNOS BRÚJULA NA ESCOLA O VENRES 13, VEUNOS DECIR QUE ESTABA MOI CONTENTA , ESTABAMOS CONSEGUINDO TODOS OS RETOS PROPOSTOS. ADEMÁIS ESTABA APRENDENDO A FACER RECEITAS PARA OS DRAGÓNS QUE IBAN A NACER , TIÑAN QUE SER COUSAS BRANDIÑAS POIS OS DRAGÓNS AINDA NON TIÑAN DENTES...ENSINOUNOS FACER "SUSHI", TRAIA OS INGREDENTES ESCRITOS POR SUPOSTO EN CHINÉS.

ALADÍN

O CONCELLO INVITÓUNOS AO CONSERVATORIO A VER "ALADÍN".  ALADÍN VIAXOU POR MOITOS LUGARES DO MUNDO NA SÚA ALFOMBRA MÁXICA QUE O XENIO DA LÁMPARA REGALÓULLE E COÑECEU UN MONTÓN DE MÚSICOS  E INSTRUMENTOS DOUTROS PAISES...SOABAN MOI BEN TODOS, GUSTOUNOS MOITO!

RECICLAMOS

DENDE O CONCELLO VISITOUNOS BIBIANA PARA FACER CONNOSCO UNHA ACTIVIDADE DE RECICLAXE, REUTILIZACIÓN. EXPLICOUNOS COMO DEBEMOS SEPARAR O LIXO, COMO DEBEMOS COIDAR O NOSO PLANETA...DESPOIS PINTAMOS UNS BOTES DE CRISTAL QUE TROUXEMOS DA CASA , QUEDARON MOI BONITOS E AGORA OS IMOS USAR PARA GARDAR TESOURIÑOS, DE LAPICERO, GARDAR CHUCHES...

A DANZA DA CHOIVA

O PASADO 23 DE MARZO FOMOS O FORUM METROPOLOTANO VER A DANZA DA CHOIVA. COMA SEMPRE AS INTERPRETACIÓNS DO "ELEFANTE ELEGANTE" SON XENIAIS!

O NOSO PLANO

TRABALLAMOS NUNHA TAREFA DE ARTE LÓXICA.
DESPOIS DE LER O LIBRO A MERENDA NO PARQUE DESCUBRIMOS ENTRE OUTRAS COUSAS QUE PODIANSE FACER PLANOS DE CIDADES CON FORMAS XEOMETRICAS E ENTRE TOSOS DISEÑAMOS UNHA PARTE DUNHA PEQUENA VILA CON MOITOS SERVICIOS ( HOSPITAL,SUPER, PEIXERIA,FROITARIA...)AGORA BUSCAMOS A FORMA DE IR DENDE UN SERVICIO A OUTRO, AS DISTANCIAS PERCORRIDAS..
O VENRES FOMOS VER O EDIFICIO DE SERVICIOS MÚLTIPLES  "PATAPATUM" COMA SEMPRE GUSTANOS MOITO TODO O QUE A COMPAÑIA ELEFANTE ELEGANTE FAN!.GRACIAS O NOSO CONCELLO POR INVITARNOS!OS!
CHEGOUNOS UNHA NOVA TAREFA Á ESCOLA , ESTA VEZ  TIÑAMOS QUE ESCOLLER UNHA RECEITA ENTRE TRES LIBROS DE COCIÑA .
ESCOLLIMOS ENTRE TODOS AS PALMERIÑAS DE CHOCOLATE, MIRAMOS O QUE PRECISABAMOS E MERCÁMOLO NO EROSKI. FIXÁMONOS NAS CANTIDADES PROPORCIÓNS...E SAÍUNOS MOI BEN.
SAIMOS A VISITAR UN SUPERMERCADO O EROSKI. EVA EXPLICOUNOS MOI BEN TODAS AS SECCIÓNS : FROITARA, CARNICERIA, PEIXERIA, PANADERIA... E AO REMATAR NÓS TAMEN MERCAMOS OS INGREDIENTES DA NOSA RECEITA.

A HORTA DE SIMÓN

DENTRO DAS TAREFAS DENDE A BIBLIOTECA, LEIMOS O "CONTO DA HORTA DE SIMÓN" , E OUTRO LIBRO "LA HUERTA" E ENTRE TODOS TIÑAMOS QUE ESCOLLER O QUE QUERIAMOS PLANTAR , COMO  E CANDO IAMOS FACELO. E ISO FIXEMOS ESCOLLIMOS O QUE IAMOS PLANTAR:LEITUGAS, TOMATES, CENORIAS E CABAZAS, QUE SEGUNDO LEIMOS PODIANSE PLANTAR EN MARZO. TAMÉN IMOS PLANTAR FRESAS QUE O PROFE MANUEL VAINOS TRAER DA SÚA CASA. PRIMEIRO PLANTARIAMOS EN SEMILLEIROS E DESPOIS OS LEVARIAMOS Á HORTA. TAMÉN IMOS POÑER UN ESPANTALLO, PARA QUE OS PAXARIÑOS NON NOS COMAN AS FRESAS.

BILLETES E MOEDAS

ESTIVEMOS APRENDENDO ALGO SOBRE OS BILLETES E MOEDAS. VIMOS A FORMA, COR, NÚMEROS QUE TIÑAN... EN EQUIPOS COLOCAMOS OS BILLETES SEGUNDO O SEU VALOR E OS DEBUXAMOS ..., E O MESMO FIXEMOS CON MOEDAS DE CHOCOLATE...QUE DESPOIS NOS COMIMOS.

NOÉ,NOEMÍ Y NOEMILIA,SIETE ANIMALES Y SU FAMILIA

FOMOS AO PAZO DA ÓPERA VER "NOÉ,NOEMÍ Y NOEMILIA, SIETE ANIMALES Y SU FAMILIA" UNHA OBRA INTERPRETADA POLA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA.   A PROFE MABEL ESTIVO EXPLICANDONOS NA ESCOLA DE QUE SE TRATABA, FIXEMOS CON ELA UNHA ARCA DE NOÉ ONDE METIMOS O NÓS SALVARIAMOS...ASÍ QUE DESPOIS DE QUE XA SABIAMOS MOITO DA PEZA ,GUSTÓUNOS MOITO !!

VISITA DE BRÚJULA

VISITOUNOS BRÚJULA E AGORA TRAÍA UNHA MOCHILA DE EXPLORADORA. CONTOUNOS QUE ATOPARA CATRO COFRES PECHADOS CON CANDADOS,BUSCAMOS AS CHAVES E ABRIMOS OS COFRES E DESCUBRIMOS VALES PARA PODE SUBIR AOS PICOS DO DRAGÓN E UNHAS PEZAS DE PUZZLES CON MENSAXES SECRETAS QUE SO PODÍAN SE VER CUNHA LINTERNA MÁXICA.
TAMÉN TRAÍA UNS DIPLOMAS PARA OS NENOS QUE SACARON A FOTO CON A DRAGONA VERDE!

ENTROIDO

PARA CELEBRAR O ENTROIDO EMPEZAMOS A SEMÁN MIRNADO O QUE NOS MANDABA FACER O "MANDACRÁ", E ASÍ DE GUAPOS VIÑEMOS TODOS OS DIAS,E O XOVES FOMOS FOMOS XUNTO O CABALEIRO DE ALMEIRAS FACER MOITO RUIDO!! TAMÉN ESTIVEMOS PREPARANDO O NOSO DISFRAZ E APRENDENDO COUSAS DO ENTROIDO, E O VENRES FOMOS O PABILLÓN DE ALMEIRAS TODOS OS NENOS E NENAS DO CRA CELEBRAR A FESTA DO ENTROIDO, FIXEMOS MOITOS XOGOS, BAILAMOS E MERENDAMOS DOCES TÍPICOS DE ENTROIDO QUE PREPARARON AS NOSAS FAMILIAS. PASAMOLO XENIAL!

EL RATÓN QUE QUERÍA HACER UNA TORTILLA

PARA CELEBRAR EL DÍA DE LA PAZ EN EL COLE LOS PROFES MABEL E IVÁN NOS CONTARON EL CUENTO " EL RATÓN QUE QUERÍA HACER UNA TORTILLA" . ERA DE UN RATÓN QUE QUERÍA HACER UNA TORTILLA PERO NO TENÍA HUEVOS...

DÍA DA PAZ

PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ PREPARAMOS NA ESCOLA ENTRE TODOS UNHA RECETA CHEA DE BICOS,APERTAS, SOÑOS...E UNHA PIZCA DE AMOR!

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

ENCÁNTANOS IR  Á CASA DOS PEIXES, DISFRUTAMOS MOITO VENDO TANTOS PEIXES DIFERENTES: RAROS,GRANDES,PEQUENIÑOS...GUSTOUNOS MOITO PODER TOCAR AS ESTRELAS DE MAR,VER AOS BUZOS DARLLE DE COMER AOS PEIXES E POR SUPOSTO CONTEMPLAR Á ESTRELA DO AQUARIUM:O TIBURÓN GASTÓN.

NOVA VISITA DE BRÚJULA

TIVEMOS DÚAS NOVAS SORPRESAS NA ESCOLA, CHEGOUNOS UNHA NOVA CARTA DE ISLA FANTASÍA FELICITÁNDONOS POR TER SUPERADOS TODOS OS RETOS QUE NOS DEIXARAN E AO DIA SEGUINTE VISITÓUNOS BRÚJULA !!!ESTA VEZ VEU CUNHA SOMBRILLA DENDE ISLA FANTASÍA E NO MEDIO DA VIAX ,VOANDO TAN ALTO, PÈRDEUSE POLO ESPACIO! TRAÍA UN MONTÓN DE ESTRELAS ESPALLADAS POLA SOMBRILLA, POLO PELO ...ERAN PARA COMPOÑER A "OSA MAIOR" UN AGASALLO QUE NOS TRAÍA DENDE O CEO.

NADAL

CHEGOU O TEMPO DO NADAL QUE TANTO NOS GUSTA! ADORNAMOS A NOSA CLASE, DECORAMOS A NOSA PORTA, ESCRIBIMOS A CARTA ÓS REIS PARA DARLLA Ó CARTEIRO REAL, FOMOS VISITAR OS VELLIÑOS DE ASDEN E CANTARLLES UNHA PANXOLIÑA ,RECIBIMOS OS NOSOS COMPIS DO CRA NA ESCOLA, VIMOS TEATRO NO KAMISHIBAI,CANTAMOS PANXOLIÑAS XUNTOS E SEPARADOS, MERENDAMOS....E DESPOIS VACACIÓNS!