Páxinas

O VENRES FOMOS VER O EDIFICIO DE SERVICIOS MÚLTIPLES  "PATAPATUM" COMA SEMPRE GUSTANOS MOITO TODO O QUE A COMPAÑIA ELEFANTE ELEGANTE FAN!.GRACIAS O NOSO CONCELLO POR INVITARNOS!OS!
CHEGOUNOS UNHA NOVA TAREFA Á ESCOLA , ESTA VEZ  TIÑAMOS QUE ESCOLLER UNHA RECEITA ENTRE TRES LIBROS DE COCIÑA .
ESCOLLIMOS ENTRE TODOS AS PALMERIÑAS DE CHOCOLATE, MIRAMOS O QUE PRECISABAMOS E MERCÁMOLO NO EROSKI. FIXÁMONOS NAS CANTIDADES PROPORCIÓNS...E SAÍUNOS MOI BEN.
SAIMOS A VISITAR UN SUPERMERCADO O EROSKI. EVA EXPLICOUNOS MOI BEN TODAS AS SECCIÓNS : FROITARA, CARNICERIA, PEIXERIA, PANADERIA... E AO REMATAR NÓS TAMEN MERCAMOS OS INGREDIENTES DA NOSA RECEITA.

A HORTA DE SIMÓN

DENTRO DAS TAREFAS DENDE A BIBLIOTECA, LEIMOS O "CONTO DA HORTA DE SIMÓN" , E OUTRO LIBRO "LA HUERTA" E ENTRE TODOS TIÑAMOS QUE ESCOLLER O QUE QUERIAMOS PLANTAR , COMO  E CANDO IAMOS FACELO. E ISO FIXEMOS ESCOLLIMOS O QUE IAMOS PLANTAR:LEITUGAS, TOMATES, CENORIAS E CABAZAS, QUE SEGUNDO LEIMOS PODIANSE PLANTAR EN MARZO. TAMÉN IMOS PLANTAR FRESAS QUE O PROFE MANUEL VAINOS TRAER DA SÚA CASA. PRIMEIRO PLANTARIAMOS EN SEMILLEIROS E DESPOIS OS LEVARIAMOS Á HORTA. TAMÉN IMOS POÑER UN ESPANTALLO, PARA QUE OS PAXARIÑOS NON NOS COMAN AS FRESAS.

BILLETES E MOEDAS

ESTIVEMOS APRENDENDO ALGO SOBRE OS BILLETES E MOEDAS. VIMOS A FORMA, COR, NÚMEROS QUE TIÑAN... EN EQUIPOS COLOCAMOS OS BILLETES SEGUNDO O SEU VALOR E OS DEBUXAMOS ..., E O MESMO FIXEMOS CON MOEDAS DE CHOCOLATE...QUE DESPOIS NOS COMIMOS.