Páxinas

MAMÁ CABRA

FOMOS VER A FUNDACIÓN ABANCA O CONCERTO DE MAMÁ CABRA EU COCIÑO ,TI COCIÑAS.ESTIVO MOI ENTRETENIDO !

SAÍDA Á FUNDACIÓN ABANCA

FOMOS VER A FUNDACIÓN ABANCA UNHA EXPOSICIÓN DE CADROS QUE ESTABAN RELACIONADOS COA MÚSICA . AO CHEGAR SUBIMOS NUN ASCENSOR MOI GRANDE E MOI ARTÍSTICO,SEMELLABA QUE ESTABAMOS NO FONDO DO MAR!
PRIMEIRO ESTIVEMOS NUN OBRADOIRO NO QUE PINTAMOS O QUE A MÚSICA NOS TRASMITIA E QUEDARONNOS UNS TRABALLOS MOI BONITOS. DESPOIS FOMOS VER AS OBRAS DE ARTE E A ESCOITAR OS INSTRUMENTOS O MESMO TEMPO
QUE ESTABAMOS A MIRAR. GUSTOUNOS UN MONTÓN! 

PINTURAS RUPESTRES

DENTRO DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO  DESTE CURSO , DESPOIS DE APRENDER CAIS SON AS DISTINTAS ARTES, EMPEZAMOS A VER Ó LONGO DA HISTORIA ESAS MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS FACENDO SOBRE TODO FINCAPÉ NA PINTURA.
EMPEZAMOS NA PREHISTORIA VIMOS COMO ERAN OS HOMES E MULLERES PRIMITIVOS, COMO VIVIAN E ONDE , QUE DESCUBRIRON O FOGO...PERO SOBRE TODO VIMOS ONDE PINTABAN, COMO PINTABAN, QUE UTILIZABAN PARA PINTAR :INSTRUMENTOS E PINTURAS....PRACTICAMOS COMO O FACÍAN E FIXEMOS O NOSO MURAL DE PINTURA RUPESTRE.

MAGOSTO

FOMOS CELEBRAR A FESTA DO MAGOSTO NA TORRE DE CELAS. PRIMEIRO ESTIVEMOS PREPARANDO O NOSO CARTUCHO DE CASTAÑAS NA CLASE, PINTÁMOLO CAS CORES DO OUTONO E DECORÁMOLO CUNHA CASTAÑA. QUEDOUNOS MOI CHULO!
NA TORRE DE CELAS PRIMEIRO XOGAMOS :TROMPO,A RAIA,CONSTRUCCIONS CON CAROZOS,CARREIRAS DE CASTAÑAS CON CULLER E XIZARTE.DESPOIS DEGUSTAMOS AS CASTAÑAS NO ALPRENDE , ESTABAN MOI RICAS!,  E AINDA DEUNOS TEMPO DE XOGAR UN POUCO ANTES DE VOLTAR PARA AS ESCOLAS! PASÁMOLO XENIAL!

SAMAÍN

TODA A SEMANA ESTIVEMOS A PREPARAR O NOSO SAMAÍN: DECORAMOS A ESCOLA, LEIMOS CONTOS DE MEDO,PINTAMOS E DECORAMOS CABAZAS, FIXEMOS UNHA TARÁNTULA E UNHA CALAVEIRA PARA ASUSTAR...E  O MÉRCORES 31 VIÑEMOS DISFRAZADOS DE MOITO MEDO Á ESCOLA, PREPARAMOS UNHA MERENDA TENEBROSA E RECIBIMOS A VISITA DE CARABUÑAS, QUE SAÍU DO CONTO E ESTIVO A FACERNOS UNHA VISITA CO PROFE IVÁN.
PASÁMOLO XENIAL!!!