Páxinas

INICIAMOS UN NOVO CURSO!

 INICIAMOS UN NOVO CURSO UN POUCO DIFERENTE, UN POUCO ESPECIAL...PERO SEGURO QUE IMOS SACARLLE MOITO PROVEITO!

ESTAMOS MOI CONTENTOS DE VOLTAR Ó COLE,  E COÑECER NOVOS AMIGOS E AMIGAS.

PASÁMOLO MOI BEN DENTRO DA AULA, E POR SUPOSTO FORA!


CHEGOU O FINAL DUN CURSO DISTINTO PARA TODOS, PERO NON MENOS ESPECIAL QUE NINGÚN, SE CADRA MOITO MAÍS EMOTIVO, PORQUE TIVÉMONOS QUE COMUNICAR NA DISTANCIA!
EN SETEMBRO VOLTAREMOS TOD@S, AGÁS LUCÍA, CANDELA E DANI, QUE VANSE PARA PRIMARIA SABENDO QUE TEÑEN QUE VOLVER FACERNOS UNHA VISITA!


PROPOSTA FINAL

                                         
ACHÉGASE O FIN DE CURSO, AÍNDA QUE ESTE ANO SERÁ DIFERENTE, NON PODEREMOS REUNIRNOS PARA DESPEDIRNOS DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS QUE NON VEREMOS ATA SETEMBRO, ESPECIALMENTE , DE AQUELES QUE PASAN A PRIMARIA E QUE NO CURSO QUE VEN XA NON ESTARÁN NA ESCOLA.
PERO PODEMOS FACELO DESDE A DISTANCIA CUN SAÚDO, UN XESTO, BAILANDO OU ADICANDO UNHAS PALABRAS.POR ISO, ESTA ULTIMA PROPOSTA, É GRAVAR UN PEQUENO VÍDEO ADICADO AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
POR FAVOR GRAVÁDEO EN HORIZONTAL E QUE A SÚA DURACIÓN NON SUPERE OS 20 SEGUNDOS. TEDES DE PRAZO PARA ENVIALO AO CORREO ELECTRÓNICO DA ESCOLA ATA O MARTES 16 DE XUÑO.












PROPOSTA Nº 7 : AREA MÁXICA

AQUÍ TEMOS O VIDEO RESUMO DA PROPOSTA DA AREA MÁXICA!
FIXESTES COUSA MOI CHULAS!

                                                      PICA NA IMAXE

12ª MISIÓN DE CARPIÑO

HOXE CARPIÑO PROPONNOS, COINCIDINDO CO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE,  A SÚA ÚLTIMA MISIÓN!!!
ESTÁ CLARO QUE ENTRE TODOS XA ESTAMOS AXUDANDO A COIDAR UN POUCO MÁIS O MEDIO AMBIENTE, E CON EL AO NOSO PLANETA!
MOITAS GRACIAS , ENTRE TODOS O IMOS CONSEGUIR!
/

PROPOSTA INTERCRA Nº 7

ESTA SEMANA TOCA  FACER AREA MÁXICA!

A CREAR CHIC@S!

 
                                                      PREME NA IMAXE!

TAREFAS INTEGRADAS DENDE A BIBLIOTECA


DESPOIS DA VOSA COLABORACIÓN NA PROPOSTA  DA PEPATECA COAS TAREFAS INTEGRADAS, AQUÍ ESTÁN TODAS AS IDEAS TAN BOAS QUE SAIRON ENTRE TOD@S.

                                                  PREME NO ENLACE

TAREFAS INTEGRADAS III

AQUÍ TEMOS UNHA NOVA PROPOSTA INTERCRÁ, 
PARTE DA BIBLIOTECA DO CRA E SON AS TAREFAS INTEGRADAS QUE NUNHA SITUACIÓN NORMAL LEVARÍANSE A CABO DURANTE O TERCEIRO TRIMESTRE TOD@S XUNTOS NA ESCOLA, DESTA VOLTA CONTAREMOS COA VOSA PARTICIPACIÓN.


                                                      PREME NA IMAXE



LETRAS GALEGAS 2020

MOITAS GRACIAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

PREME NA IMAXE



LETRAS GALEGAS 2020


AQUÍ ESTÁ A SORPRESIÑA  ADICADA  ÁS FAMILIAS E Ó ALUMNADO DO CRA NO DÍA QUE TERIAMOS QUE ESTAR CELEBRANDO XUNTOS A ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 PREMEDE NO MAIO!



ASÍ DESPEDIMOS ESTA  SEMANA DUNHAS  LETRAS GALEGAS TAN INESPERADAS E ESPECIAIS!





10ª MISIÓN DE CARPIÑO

XA TEMOS NOVAS DE CARPIÑO, APARECE CUNHA NOVA AMIGUIÑA:
  SUSA A MEDUSA!
IMOS VER SE PODEMOS AXÚDALO NESTA NOVA MISIÓN!
PREME NA IMAXE




CARPIÑO ENVIÓUNOS UNHA NOVA MISIÓN

 MISIÓN 9
PRESÉNTANOS A SEU NOVO AMIGO , ALEXO O CANCREXO, E PROPONNOS UNHA MISIÓN PARA QUE A FAGAMOS TODS@S DENDE AS NOSAS CASAS.
ANIMÁDEVOS, XA SABEMOS QUE CARPIÑO NECESITA A NOSA AXUDA!
                      IOGA EN FAMILIA

NOVA PROPOSTA  PARA REALIZAR EN FAMILIA. ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES!
       

                                     Pinchade na imaxe para ver o blogue.





COCIÑANDO EN FAMILIA

GRACIAS POLAS VOSAS RECEITAS 




DÍA DO LIBRO

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO, UN DÍA MOI ESPECIAL PARA TOD@S. 
DENDE A PEPATECA QUEREMOS QUE DISFRUTEDES DOS VIDEOS QUE PUXO O PROFE IVÁN CON TODAS AS APORTACIÓNS QUE FIXÉCHEDES ÓS OBRADOIROS PROPOSTOS.


PINCHA NA IMAXEN

DÍA DA TERRA

HOXE CELÉBRASE O DÍA DA TERRA , O PLANETA  DO QUE ESTE CURSO ESTIVEMOS A APRENDER MOITAS COUSAS, É UNHA MOI IMPORTANTE É QUE HAI QUE  COIDALA MOI BEN, PORQUE NON TEMOS OUTRA!

A PROFE LORENA DEIXÓUNOS UNHA CANCIÓN MOI BONITA NO SEU BLOGUE. ESCOITÁDEA !!


                                                       PINCHA NA IMAXEN

PROPOSTAS INTERCRA

DESDE O EQUIPO DOCENTE DO CRA  IMOS FACER UNHAS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO,.
A PRIMEIRA PROPOSTA É DA ESCOLA DE SÉSAMO, É UNHA TAREFA DE COCIÑA.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR , A COCIÑAR EN FAMILIA, E MANDADE ALGUNHA FOTIÑO!.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
                                 
COCIÑA EN FAMILIA

http://escoladesesamo.blogspot.com/

                                             
   
 
                   

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

ESTE ANO TÓCANOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO NAS NOSAS CASAS COAS NOSAS FAMILIAS.
NO BLOG DA PEPATECA HAI UN CONTO MOI BONITO, E UNS OBRADOIROS PARA FACER EN FAMILIA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR  NALGÚN DELES OU EN TODOS! 
MANDÁDENOS FOTOS PARA PODER COMPARTIR  ENTRE TOD@S:

PINCHA  AQUÍ

                              DEBUXANDO FORMAS


DEIXAMOS UNHA CANCIÓN MOI CHULA DAS FORMAS XEOMÉTRICAS.
PARA OS QUE QUEIRADES IR UN POUCO MÁIS ALÓ, PODEDES DEBUXAR ALGUNHA DAS FORMAS, OU TODAS, POÑER ALGÚN NOME, OU TODOS ...DAS MESMAS.




TAMÉN PODEDES FACER COMPOSICIÓNS LIBRES CON FORMAS XEOMÉTRICAS DE DIFERENTES TAMAÑOS, FORMAS, CORES...(POR EXEMPLO: TAPAS DE BOTES OU COUSAS QUE TEÑAMOS POLA CASA DE DIFERENTES FORMAS:CADRADAS, TRIANGULARES, REDONDAS...) CON FOLIOS OU PAPEIS DE CORES, PAPEL DE XORNAL,REVISTAS...O QUE QUEIRADES!










MISIÓN DE CARPIÑO

NO BLOGUE DA PEPATECA TEMOS PUBLICADA A 8ª MISIÓN DE CARPIÑO.
COMO ESTES DÍAS NON IMOS Á ESCOLA, E NON PODEMOS CONSTRUIR O NOSO AMIGUIÑO DE PLÁSTICO, QUE PENSÁBAMOS FACER ENTRE TODOS, CARPIÑO PIDENOS, QUE SE PODEMOS, O FAGAMOS NA NOSA CASA, COA AXUDA DA NOSA FAMÍLIA. ( SE NON QUEDA IGUALIÑO, VAILLE GUSTAR IGUAL)
OLA :

COMO TODAS E TODOS SABEDES, ESTES DÍAS NON HAI ESCOLA, HAI UN VIRUS QUE ANDA A DAR A LATA POR AHÍ, E O MILLOR PARA TODAS E TODOS É QUE PASE DE LARGO,  ASÍ QUE TODAS E TODOS:

 QUEDÁMONOS  NA CASIÑA

AQUÍ PÓDESE ATOPAR OS  VIDEOS QUE EXPLICAN QUE É ISO DO CORONAVIRUS

https://youtu.be/prHuClGHtmY

https://youtu.be/9Zel5nbJkl4

QUE PODEMOS FACER NA CASA:

 CREO QUE AINDA QUE É DIFÍCIL PARA TODAS E TODOS, HAI QUE BUSCAR UN EQUILIBRIO, NIN TER AOS NEN@S SEN FACER NADA, NIN TELOS TODO O TEMPO FACENDO COUSAS, CADA UN DE NÓS COÑECE O SEU FILLO E A SÚA FILLA, E SABERÁ MOI BEN O QUE TEN QUE FACER ...PERO NON VAI PASAR NADA AÍNDA QUE TAMÉN ABURRANSE UN POUCO, E TRATEN DE INVENTAR ALGÚN XOGO, OU ALGUNHA FORMA DE ENTRETERSE ELES MESMOS.
AQUÍ DEIXOVOS ALGUNHAS IDEAS DE ACTIVIDADES QUE PÓDENSE FACER , ESCOLLEDE AS QUE LLE POIDAN GUSTAR AOS CATIVOS E CATIVAS, SEMPRE TRATANDO DE ADAPTALAS AS SÚAS CAPACIDADES, DESTREZAS,HABILIDADES,INTERESES...
AS TAREFAS DOMÉSTICAS SON UN EXCELENTE RECURSO PARA TRABALLAR A AUTONOMÍA:
AXUDAR A PREPARAR O ALMORZO,COMIDA,CEA...
AXUDAR A POÑER E RECOLLER A MESA, AXUDAR A FACER A CAMA...
RECOLLER OS XOGUTES.
VESTIRSE E CALZARSE.
DARLLES PEQUENAS RESPONSABILIDADES: REGAR AS PLANTAS, AXUDAR A TENDER E RECOLLER A ROUPA, GARDAR A ROUPA NO ARMARIO...
LER E CONTAR MOITOS CONTOS, APRENDER ADIVIÑAS, CANCIÓNS, RIMAS...
https://orellapendella.gal/ (Páxina que recopila literatura popular de Galicia)
CONTAR OBXECTOS HABITUAIS: FROITA, XOGUETES, PEZAS DE XOGUETES...
BUSCAR NÚMEROS EN CONTOS , XORNAIS,REVISTAS...
CONTAR CARA ADIANTE(ATA QUE POIDAMOS) E CARA ATRÁS.
XOGAR A XOGOS DE MESA COMO A OCA, O DOMINÓ, AS BARALLAS DE CARTAS QUE POIDAMOS TER NA CASA...
CONSTRUIR PUZZLES.
FALAR DA COR DAS COUSAS.
CLASIFICAR OBXECTOS SEGUNDO A SÚA FORMA, COR , TAMAÑO.
MARCAR NÚMEROS DE TELÉFONO PARA CHAMAR A FAMILIARES, AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS.
XOGAR CON XOGOS DE CONSTRUCCIÓN.
TRABALLAR SOBRE O CAALENDSRIO A DATA, TAL COMO FACEMOS NA ESCOLA, CONTAR CANTOS DÍAS QUEDAN PARA...( QUE SEXA DOMINGO, QUE REMATE O MES...)
REALIZAR SUMAS SINXELAS DE FORMA MANIPULATIVA CON OBXECTOS, COS DEDOS DA MAN, CON FROITAS...
https://youtu.be/G7xBJNLiBgQ

https://youtu.be/qPP3yZtFdVk

DEBUXAR E COLOREAR, XOGAR CON PLASTILINA, PINTAR CON DIFERENTES MATERIAIS: PINCEIS, ESPONXAS, RECORTAR CON TESOIRAS, ELABORAR PULSEIRAS E COLARES CON MACARRÓNS...
FACERMANUALIDADES SINXELAS. AQUÍ VOS DEXO UNS ENLACES PARA ATOPAR ALGUNHA IDEA:

NO BLOGUE DA ESCOLA PODEDES REVISAR AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS E TAMÉN REVISAR NOS OUTROS BLOGUES DOS COMPIS, O BLOGUE DE MUSICA, O DA PEPATECA, O DA PROFE INES DE ESCOITAR E FALAR..
http://lalalaculleredo.blogspot.com.es/

http://pepateca.blogspot.com.es/

http://escoitarefalarculleredo.blogspot.com.es/

E SI QUEREDES IDES RECOPILANDO TODO O QUE FAGADES: DEBUXOS, MANUALIDADES, EXPERIMENTOS, FOTOS COLABORANDO E XOGANDO COA FAMILIA...E CANDO VOLVAMOS, PODEMOS EXPLICARLLES AOS NOSOS COMPIS TODO O QUE ESTIVEMOS A FACER NA CASA.

GRAZAS E ESPEREMOS QUE TODO VOLVA Á NORMALIDADE PRONTIÑO.
MOITA SAÚDE PARA TODAS E TODOS E UN BICO ENORME PARA  OS PEQUES DA CASA.


APERTAS DE CORES


VEU A ESCOLA LORENA CUN TALLER “APERTAS DE CORES” SUBENCIONADO POLO CONCELLO, ESTÍVONOS A EXPLICAR  DE QUE AS APARIENCIAS, COMO NOS VISTAMOS, AS COUSAS QUE NOS GUSTAN...PODEN SER INDIFERENTES PARA AS DISTINTAS PERSOAS, NON IDENTIFICAN CO SEXO FEMININO NEN MASCULINO.

DENTRO DA TERCEIRA TAREFA CONSTRUIMOS UNHA REGADEIRA  CON MATERIAIS RECLIDADOS, DECORAMOLA ENTRE TOD@S E FUNCIONOA MOI BEN!

JANE GOODALL

DENTRO DA SEGUNDA TAREFA INTEGRADA E LENDO O O LIBRO “PEQUEÑOS GRANDES GESTOS POR EL PLANETA “, ESCOLLEMOS APRENDER COUSAS DA INTERESANTE VIDA DE JANE GOODALL, UNHA MULLER QUE AINDA SEGUE A TRABALLAR POLO PLANETA














DÍA DA PAZ

PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ NA ESCOLA REFLEXIONAMOS  NAS COUSAS BOAS QUE FACEMOS PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE. ASIMESMO FALAMOS DAS COUSAS BOAS QUE FACEMOS  NA ESCOA PARA QUE TODOS SEXAMOS UNHA PIÑA,.
ADEMAIS OPROFE IVAN VEUNOS CONTAR UN CONTÓ “O CAMIÓN DO LIXO”QUE FACIA UN TRABALLO MOI IMPORTANTE E NINGUEN LLO AGRADECÍA.



CARTACES POLO PLANETA

SEGUINDO OS MANDADIÑOS DE CARPIÑO, TROUXEMOS Á ESCOLA UNS CARTACES

CUNHAS MENSAXES MOI IMPORTANTES A FAVOR DO COIDADO DO PLANETA!!


DENTRO DA PRIMEIRA TAREFA DE RECICLAXE APRENDIMOS A SEPARAR LIXO  NOS DISTINTOS CONTENEDORES.

FESTIVAL DE NADAL

ESTE NADAL CANTAMOS UNHA PANXOLIÑA NA QUE LLE PEDIMOS AOS REIS MAGOS QUE NOS AXUDEN A SALVAR OS ANIMAIS DO MAR.
MIRADE QUE BEN O FIXEMOS!!

O NADAL

CHEGOU O NADAL E DECORAMOS A NOSA ESCOLA CUNHA ÁRBORE FEITA CON ELEMENTOS DA NATUREZA, TAMÉN FIXEMOS A NOSA POSTAL DE NADAL USANDO ESTES MATERIAIS.... TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS, VISITÓUNOS PAPA NOEL, CANTAMOS PANXOLIÑAS, E MERENDAMOS TODAS AS NENAS E NENOS DO CRA NA ESCOLA. PASÁMOLO XENIAL!