Páxinas

MISIÓN DE CARPIÑO

NO BLOGUE DA PEPATECA TEMOS PUBLICADA A 8ª MISIÓN DE CARPIÑO.
COMO ESTES DÍAS NON IMOS Á ESCOLA, E NON PODEMOS CONSTRUIR O NOSO AMIGUIÑO DE PLÁSTICO, QUE PENSÁBAMOS FACER ENTRE TODOS, CARPIÑO PIDENOS, QUE SE PODEMOS, O FAGAMOS NA NOSA CASA, COA AXUDA DA NOSA FAMÍLIA. ( SE NON QUEDA IGUALIÑO, VAILLE GUSTAR IGUAL)
OLA :

COMO TODAS E TODOS SABEDES, ESTES DÍAS NON HAI ESCOLA, HAI UN VIRUS QUE ANDA A DAR A LATA POR AHÍ, E O MILLOR PARA TODAS E TODOS É QUE PASE DE LARGO,  ASÍ QUE TODAS E TODOS:

 QUEDÁMONOS  NA CASIÑA

AQUÍ PÓDESE ATOPAR OS  VIDEOS QUE EXPLICAN QUE É ISO DO CORONAVIRUS

https://youtu.be/prHuClGHtmY

https://youtu.be/9Zel5nbJkl4

QUE PODEMOS FACER NA CASA:

 CREO QUE AINDA QUE É DIFÍCIL PARA TODAS E TODOS, HAI QUE BUSCAR UN EQUILIBRIO, NIN TER AOS NEN@S SEN FACER NADA, NIN TELOS TODO O TEMPO FACENDO COUSAS, CADA UN DE NÓS COÑECE O SEU FILLO E A SÚA FILLA, E SABERÁ MOI BEN O QUE TEN QUE FACER ...PERO NON VAI PASAR NADA AÍNDA QUE TAMÉN ABURRANSE UN POUCO, E TRATEN DE INVENTAR ALGÚN XOGO, OU ALGUNHA FORMA DE ENTRETERSE ELES MESMOS.
AQUÍ DEIXOVOS ALGUNHAS IDEAS DE ACTIVIDADES QUE PÓDENSE FACER , ESCOLLEDE AS QUE LLE POIDAN GUSTAR AOS CATIVOS E CATIVAS, SEMPRE TRATANDO DE ADAPTALAS AS SÚAS CAPACIDADES, DESTREZAS,HABILIDADES,INTERESES...
AS TAREFAS DOMÉSTICAS SON UN EXCELENTE RECURSO PARA TRABALLAR A AUTONOMÍA:
AXUDAR A PREPARAR O ALMORZO,COMIDA,CEA...
AXUDAR A POÑER E RECOLLER A MESA, AXUDAR A FACER A CAMA...
RECOLLER OS XOGUTES.
VESTIRSE E CALZARSE.
DARLLES PEQUENAS RESPONSABILIDADES: REGAR AS PLANTAS, AXUDAR A TENDER E RECOLLER A ROUPA, GARDAR A ROUPA NO ARMARIO...
LER E CONTAR MOITOS CONTOS, APRENDER ADIVIÑAS, CANCIÓNS, RIMAS...
https://orellapendella.gal/ (Páxina que recopila literatura popular de Galicia)
CONTAR OBXECTOS HABITUAIS: FROITA, XOGUETES, PEZAS DE XOGUETES...
BUSCAR NÚMEROS EN CONTOS , XORNAIS,REVISTAS...
CONTAR CARA ADIANTE(ATA QUE POIDAMOS) E CARA ATRÁS.
XOGAR A XOGOS DE MESA COMO A OCA, O DOMINÓ, AS BARALLAS DE CARTAS QUE POIDAMOS TER NA CASA...
CONSTRUIR PUZZLES.
FALAR DA COR DAS COUSAS.
CLASIFICAR OBXECTOS SEGUNDO A SÚA FORMA, COR , TAMAÑO.
MARCAR NÚMEROS DE TELÉFONO PARA CHAMAR A FAMILIARES, AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS.
XOGAR CON XOGOS DE CONSTRUCCIÓN.
TRABALLAR SOBRE O CAALENDSRIO A DATA, TAL COMO FACEMOS NA ESCOLA, CONTAR CANTOS DÍAS QUEDAN PARA...( QUE SEXA DOMINGO, QUE REMATE O MES...)
REALIZAR SUMAS SINXELAS DE FORMA MANIPULATIVA CON OBXECTOS, COS DEDOS DA MAN, CON FROITAS...
https://youtu.be/G7xBJNLiBgQ

https://youtu.be/qPP3yZtFdVk

DEBUXAR E COLOREAR, XOGAR CON PLASTILINA, PINTAR CON DIFERENTES MATERIAIS: PINCEIS, ESPONXAS, RECORTAR CON TESOIRAS, ELABORAR PULSEIRAS E COLARES CON MACARRÓNS...
FACERMANUALIDADES SINXELAS. AQUÍ VOS DEXO UNS ENLACES PARA ATOPAR ALGUNHA IDEA:

NO BLOGUE DA ESCOLA PODEDES REVISAR AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS E TAMÉN REVISAR NOS OUTROS BLOGUES DOS COMPIS, O BLOGUE DE MUSICA, O DA PEPATECA, O DA PROFE INES DE ESCOITAR E FALAR..
http://lalalaculleredo.blogspot.com.es/

http://pepateca.blogspot.com.es/

http://escoitarefalarculleredo.blogspot.com.es/

E SI QUEREDES IDES RECOPILANDO TODO O QUE FAGADES: DEBUXOS, MANUALIDADES, EXPERIMENTOS, FOTOS COLABORANDO E XOGANDO COA FAMILIA...E CANDO VOLVAMOS, PODEMOS EXPLICARLLES AOS NOSOS COMPIS TODO O QUE ESTIVEMOS A FACER NA CASA.

GRAZAS E ESPEREMOS QUE TODO VOLVA Á NORMALIDADE PRONTIÑO.
MOITA SAÚDE PARA TODAS E TODOS E UN BICO ENORME PARA  OS PEQUES DA CASA.


APERTAS DE CORES


VEU A ESCOLA LORENA CUN TALLER “APERTAS DE CORES” SUBENCIONADO POLO CONCELLO, ESTÍVONOS A EXPLICAR  DE QUE AS APARIENCIAS, COMO NOS VISTAMOS, AS COUSAS QUE NOS GUSTAN...PODEN SER INDIFERENTES PARA AS DISTINTAS PERSOAS, NON IDENTIFICAN CO SEXO FEMININO NEN MASCULINO.

DENTRO DA TERCEIRA TAREFA CONSTRUIMOS UNHA REGADEIRA  CON MATERIAIS RECLIDADOS, DECORAMOLA ENTRE TOD@S E FUNCIONOA MOI BEN!

JANE GOODALL

DENTRO DA SEGUNDA TAREFA INTEGRADA E LENDO O O LIBRO “PEQUEÑOS GRANDES GESTOS POR EL PLANETA “, ESCOLLEMOS APRENDER COUSAS DA INTERESANTE VIDA DE JANE GOODALL, UNHA MULLER QUE AINDA SEGUE A TRABALLAR POLO PLANETA














DÍA DA PAZ

PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ NA ESCOLA REFLEXIONAMOS  NAS COUSAS BOAS QUE FACEMOS PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE. ASIMESMO FALAMOS DAS COUSAS BOAS QUE FACEMOS  NA ESCOA PARA QUE TODOS SEXAMOS UNHA PIÑA,.
ADEMAIS OPROFE IVAN VEUNOS CONTAR UN CONTÓ “O CAMIÓN DO LIXO”QUE FACIA UN TRABALLO MOI IMPORTANTE E NINGUEN LLO AGRADECÍA.