Páxinas

OLA :

COMO TODAS E TODOS SABEDES, ESTES DÍAS NON HAI ESCOLA, HAI UN VIRUS QUE ANDA A DAR A LATA POR AHÍ, E O MILLOR PARA TODAS E TODOS É QUE PASE DE LARGO,  ASÍ QUE TODAS E TODOS:

 QUEDÁMONOS  NA CASIÑA

AQUÍ PÓDESE ATOPAR OS  VIDEOS QUE EXPLICAN QUE É ISO DO CORONAVIRUS

https://youtu.be/prHuClGHtmY

https://youtu.be/9Zel5nbJkl4

QUE PODEMOS FACER NA CASA:

 CREO QUE AINDA QUE É DIFÍCIL PARA TODAS E TODOS, HAI QUE BUSCAR UN EQUILIBRIO, NIN TER AOS NEN@S SEN FACER NADA, NIN TELOS TODO O TEMPO FACENDO COUSAS, CADA UN DE NÓS COÑECE O SEU FILLO E A SÚA FILLA, E SABERÁ MOI BEN O QUE TEN QUE FACER ...PERO NON VAI PASAR NADA AÍNDA QUE TAMÉN ABURRANSE UN POUCO, E TRATEN DE INVENTAR ALGÚN XOGO, OU ALGUNHA FORMA DE ENTRETERSE ELES MESMOS.
AQUÍ DEIXOVOS ALGUNHAS IDEAS DE ACTIVIDADES QUE PÓDENSE FACER , ESCOLLEDE AS QUE LLE POIDAN GUSTAR AOS CATIVOS E CATIVAS, SEMPRE TRATANDO DE ADAPTALAS AS SÚAS CAPACIDADES, DESTREZAS,HABILIDADES,INTERESES...
AS TAREFAS DOMÉSTICAS SON UN EXCELENTE RECURSO PARA TRABALLAR A AUTONOMÍA:
AXUDAR A PREPARAR O ALMORZO,COMIDA,CEA...
AXUDAR A POÑER E RECOLLER A MESA, AXUDAR A FACER A CAMA...
RECOLLER OS XOGUTES.
VESTIRSE E CALZARSE.
DARLLES PEQUENAS RESPONSABILIDADES: REGAR AS PLANTAS, AXUDAR A TENDER E RECOLLER A ROUPA, GARDAR A ROUPA NO ARMARIO...
LER E CONTAR MOITOS CONTOS, APRENDER ADIVIÑAS, CANCIÓNS, RIMAS...
https://orellapendella.gal/ (Páxina que recopila literatura popular de Galicia)
CONTAR OBXECTOS HABITUAIS: FROITA, XOGUETES, PEZAS DE XOGUETES...
BUSCAR NÚMEROS EN CONTOS , XORNAIS,REVISTAS...
CONTAR CARA ADIANTE(ATA QUE POIDAMOS) E CARA ATRÁS.
XOGAR A XOGOS DE MESA COMO A OCA, O DOMINÓ, AS BARALLAS DE CARTAS QUE POIDAMOS TER NA CASA...
CONSTRUIR PUZZLES.
FALAR DA COR DAS COUSAS.
CLASIFICAR OBXECTOS SEGUNDO A SÚA FORMA, COR , TAMAÑO.
MARCAR NÚMEROS DE TELÉFONO PARA CHAMAR A FAMILIARES, AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS.
XOGAR CON XOGOS DE CONSTRUCCIÓN.
TRABALLAR SOBRE O CAALENDSRIO A DATA, TAL COMO FACEMOS NA ESCOLA, CONTAR CANTOS DÍAS QUEDAN PARA...( QUE SEXA DOMINGO, QUE REMATE O MES...)
REALIZAR SUMAS SINXELAS DE FORMA MANIPULATIVA CON OBXECTOS, COS DEDOS DA MAN, CON FROITAS...
https://youtu.be/G7xBJNLiBgQ

https://youtu.be/qPP3yZtFdVk

DEBUXAR E COLOREAR, XOGAR CON PLASTILINA, PINTAR CON DIFERENTES MATERIAIS: PINCEIS, ESPONXAS, RECORTAR CON TESOIRAS, ELABORAR PULSEIRAS E COLARES CON MACARRÓNS...
FACERMANUALIDADES SINXELAS. AQUÍ VOS DEXO UNS ENLACES PARA ATOPAR ALGUNHA IDEA:

NO BLOGUE DA ESCOLA PODEDES REVISAR AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS E TAMÉN REVISAR NOS OUTROS BLOGUES DOS COMPIS, O BLOGUE DE MUSICA, O DA PEPATECA, O DA PROFE INES DE ESCOITAR E FALAR..
http://lalalaculleredo.blogspot.com.es/

http://pepateca.blogspot.com.es/

http://escoitarefalarculleredo.blogspot.com.es/

E SI QUEREDES IDES RECOPILANDO TODO O QUE FAGADES: DEBUXOS, MANUALIDADES, EXPERIMENTOS, FOTOS COLABORANDO E XOGANDO COA FAMILIA...E CANDO VOLVAMOS, PODEMOS EXPLICARLLES AOS NOSOS COMPIS TODO O QUE ESTIVEMOS A FACER NA CASA.

GRAZAS E ESPEREMOS QUE TODO VOLVA Á NORMALIDADE PRONTIÑO.
MOITA SAÚDE PARA TODAS E TODOS E UN BICO ENORME PARA  OS PEQUES DA CASA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario