Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

FESTIVAL DE NADAL

O PASADO DÍA 17 DE DECEMBRO CELEBRAMOS NA ESCOLA DA CHOEIRA O FESTIVAL DE NADAL COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DAS OUTRAS ESCOLAS DO CRA. TAMÉN ESTIVERON OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE QUIEXAS. VISITOUNOS O CARTEIRO REAL E ENTREGÁMOSLLE AS NOSAS CARTAS, DESPOIS LLE CANTAMOS UNHA PANXOLIÑA QUE ENSINOUNOS A PROFE MABEL, TAMÉN HOUBO CONTACONTOS COS PROFES IVÁN , MABEL E BEA, CANTAMOS CADA CLASE A NOSA PANXOLIÑA E DESPOIS MERENDAMOS.

POSTAL DE NADAL

NO COLE COS PROFES MABEL E IVÁN PREPARAMOS UNHA POSTAL DE NADAL PARA QUE AS NOSAS FAMILIAS RECIBIRAN DE AGASALLO NA CASA.VESTÍMONOS DE PAPÁ NOEL E COLOCAMOS A FOTO NA NOSA POSTAL DE NADAL, COA AXUDA DOS PROFES PUXEMOS A DIRECCIÓN E OS SELOS..  E O PROFE IVÁN LEVOUNAS A CORREOS. ESPEREMOS QUE CHEGARAN TODAS!

VOTACIÓN NA ESCOLA

O PASADO 4 DE DECEMBRO O PROFE IVÁN ENSINOUNOS COMO ERA ISO DE FACER UNHA VOTACIÓN !!! VOTAMOS O LIBRO QUE MÁIS NOS GUSTOU E FIXÉMOLO CUNHA VOTACIÓN COMO AS DE VERDADE CON MESA DE VOTACIÓN, ACTAS...E URNA. FOI UNHA BOA EXPERIENCIA.

VISITA NA ESCOLA

O PASADO DÍA 1 DE DECEMBRO VIÑERON VISITARNOS NA ESCOLA UNHAS ESTUDIANTES DA FACULTADE DE EDUCACIÓN, CONTÁRONNOS UN CONTO E DESPOIS FIXERON UNHA ASAMBLEA E XOGOS.

MAGOSTO 2015

O MARTES 10  CELEBRAMOS A FESTA DO MAGOSTO NA TORRE DE CELAS. ESTIVEMOS NA ESCOLA PREPARANDO O NOSO CUCURUCHO DE CASTAÑAS E ALGUNHAS CANTIGAS COA PROFE MABEL, NA TORRE PRIMEIRO FIXEMOS XOGOS TRADICIONAIS, DESPOIS MERENDAMOS E XOGAMOS. PASÁMOLO MOI BEN!

ESTRENAMOS BIBLIOTECA DE AULA!!

A NOSA BIBLIOTECA DE AULA XA ESTÁ LISTA!. O PROFE IVÁN E A PROFE MABEL ENSINÁRONNOS COMO FUNCIONARÁ A NOSA BIBLIOTECA DE AULA,  COMO DEBEMOS COLOCAR OS LIBROS, PELIS...NOMEARON DOUS GUARDIÁNS DE BIBLIOTECA , E XA EMPEZAMOS CON O PRÉSTAMO DE LIBROS COAS NOSAS NOVAS MOCHILAS... GRAZAS PROFE MABEL E PROFE IVÁN!!

SAMAÍN 2015

DURANTE A SEMÁN ESTIVEMOS A PREPARAR A FESTA DO SAMAÍN, BALEIRAMOS  E PINTAMOS CABAZAS, PINTAMOS MORCEGOS E PANTASMAS, PREPARAMOS CANTIGAS DO SAMAÍN...E CANDO CHEGOU O DÍA DA FESTA PREPARAMOS UNHA MERENDA MONSTRUOSA , COMIMOS, BAILAMOS E XOGAMOS COS NOSOS COMPIS. PASÁMOLO MOI BEN!

TRES PANTASMAS

ESTABAMOS NA ESCOLA ESCOITANDO UN CONTO CANDO RECIBIMOS A VISITA DE TRES PANTASMAS. ASUSTÁMONOS UN POUCO PORQUE ESAS TRES PANTASMAS GUSTÁBALLES ASUSTAR A NENOS PERO COMO TIÑAN PROHIBIDO FACELO,  PEDIRONNOS PERDÓN E REGALARONNOS UNHAS CHOCOLATINAS.

SAIMOS VER O OUTONO

FOMOS VER O OUTONO DETRÁS DA NOSA ESCOLA ....TAMÉN MIRAMOS SE HABÍA ALGÚN LOBO!! VOLTAMOS  CUNHA COLLEITA DE FROITOS DO OUTONO QUE IMOS TRABALLAR NA ESCOLA. PASÁMOLO MOI BEN!!

CONTOS NA ESCOLA

PRIMEIROS DÍAS NO COLE

BENVIDOS

DAMOS A BENVIDA ÓS NOSOS NOVOS COMPAÑEIROS:ADRIÁN,CARLOTA,LARA,MATEO,MAURO E TRISTÁN.

SAÍDA FIN DE CURSO

PARA REMATAR O NOSO PROXECTO E COMO EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO, FOMOS VISITAR O CASTELO DE VIMIANZO. ALÍ VIVEN CRABELA E ARTURO, E TAMÉN O DRAGÓN QUE PUIDEMOS VER NA TORRE DA HOMENAXE. TAMÉN VIMOS COMO SE TRABALLA NOS TEARES, E UNHAS PALILLEIRAS QUE NOS EXPLICARON COMO ERA O SEU TRABALLO. VISITAMOS O CASTELO E TAMÉN ESCOITAMOS O CONTO DA " PRINCESA VESTIDA CUNHA BOLSA DE PAPEL"QUE NOS CONTARON AS PROFES PILAR E LIDIA. DESPOIS FOMOS COMER Á AREA RECREATIVA DE GABENLLE, ALÍ DESPOIS DE XANTAR ESTIVEMOS XOGANNDO E ENTRE TODOS COMPLETAMOS O GUERNICA DE PICASSO QUE ESTIVERAMOS A TRABALLAR NAS ESCOLAS COS PROFES MABEL E IVÁN. QUEDOUNOS IMPRESIONANTE E APRENDIMOS MOITO.

GLOBOFLEXIA NO COLE

A MAMÁ DE SUSANA VEU A NOSA CLASE  ENSINARNOS COMO SE PODEN FACER COUSAS MOI CHULIS CON GLOBOS.  PUIDEMOS AXUDARLLE A INFLAR OS GLOBOS, A BUSCAR  O TAMAÑO QUE NECESITABAMOS, E TAMÉN ESCOLLIMOS  AS FIGURAS QUE FIXO, AS CORES… QUEDOU TODO MOI BONITO!

CRABELA E ARTURO NA NOSA ESCOLA

NA ESCOLA TIVEMOS UNHA SORPRENDENTE VISITA: CRABELA E ARTURO!!! QUERIANNOS DAR AS GRAZAS POR A AXUDA QUE LLES PRESTAMOS ENTRE TODOS, NOMEARONNOS DAMAS E CABALEIROS DO SEU REINO,  TAMÉN DERONNOS UNHA MEDALLA COMO AGASALLO E INVITARONNOS A VISITR O SEU CASTELO. MOITAS GRAZAS CRABELA E ARTURO!

A FRAUTA MÁXICA NO MAXÍN

O DÍA 5 FIXEMOS UNHA SAÍDA AO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO NA CORUÑA PARA VER A FRAUTA MÁXICA. ESTIVO MOI BEN E TAMÉN GUSTOUNOS MOITO O TEATRO. O PASAMOS MOI BEN PASEANDO POLAS RÚAS DA CORUÑA.

ÚLTIMA PROBA DE CRABELA

SUPERAMOS A ÚLTIMA PROBA QUE NOS MANDOU CRABELA. TIÑAMOS QUE AVERIGUAR CAIS ERAN OS ESTAMENTOS SOCIAIS QUE HABÍA NA IDADE MEDIA E DESCUBRIMOS ENTRE TODOS QUE NA ÉPOCA  MEDIEVAL A POBOACIÓN ESTABA CLASIFICADA EN TRES GRUPOS.

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

O PASADO DÍA 15 DE MAIO CELEBRAMOS O DIÁ DAS LETRAS GALEGAS COMO VEN SENDO COSTUNE CUNHA ROMARÍA NA TORRE DE CELAS. ESTIVEMOS DISFRUTANDO CON XOGOS POPULARES, COA CONSTRUCCIÓN DUN MAIO , DESPOIS FIXEMOS UNHAS PEQUENAS ACTUACIÓNS PARA AS FAMILIAS E XA COA CHEGADA DOS GAITEIROS, PARA AMENIZAR A FESTA, FOMOS XANTAR . PARA REMATAR A FESTA HOUBO TAMÉN XOGOS PARA AS FAMILIAS. PÁSAMOLO MOI BEN!!

DÍA DO LIBRO

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO TODOS OS NENOS E NENAS DO CRA XUNTÁMONOS NA ESCOLA DA CHOEIRA. VEU A DRAGONA RAMONA CONTARNOS UN CONTO, ESTIVEMOS A FACER XOGOS, MARCAPAXINAS, DEBUXOS...E DESPOIS MERENDAMOS TODOS XUNTOS.

DÍA DO LIBRO

O xoves día 23 de abril celebramos na escola o " Día do libro" . Dende o luns tiñamos unha sorpresa colgada na escola cunha nota que que decía que a tiñamos que abrir  o xoves 23. Despois de esperar dende o luns, por fin descubrimos que era un libro agasallo da Avioneta Pepa: un libro de Hansel y Gretel .Gracias!!!

BOLBORETA

NO MES DE MAIO FOMOS VER UN CONCERTO NA UNIVERSIDADE LABORAL, INVITOUNOS O CONCELLO E PUIDEMOS DISFRUTAR DUN GRUPO MUSICAL CUNHA COMPOSITORA  LYDIA BOTANA QUE É DE CULLEREDO.FOI MOI DIVERTIDO, GUSTOUNOS MOITO!

A MOCHILA VIAXEIRA

ESTE ANO E COMO NOVIDADE DENDE A BIBLIOTECA, OS NENOS TIVERON A OPRTUNIDADE DE LEVAR PARA CASA E DURANTE UNHA SEMANA UNHA MOCHILA VIAXEIRA NA QUE HABÍA LIBROS, UNHA PELÍCULA E UN XOGO PARA DISFRUTAR COS PAPIS. GUSTOULLES MOITO A TODOS! TIVO MOIRO ÉXITO! ESPERAMOS REPETIR O VINDEIRO CURSO CON NOVIDADES.

VIOLÍN NA ESCOLA

IVÁN TROUXO Á ESCOLA O SEU VIOLÍN E ENSINOUNOS MOITAS COUSAS SOBRE O VIOLÍN QUE ENSINOULLE O SEU PROFE ADRIÁN. FIXOO MOI BEN !

4ª PROBA DE CRABELA

A princesa Crabela pediunos que investigaramos sobre as profesións e oficios no medievo, e así o fixemos:

DÍA DA TERRA

PARA CELEBRAR O DÍA DA TERRA TIVEMOS NA ESCOLA UN TALLER DE RECICLAXE, CUN VASIÑO DE IOGURT E UN CALCETÍN VELLO FIXEMOS COUSAS MOI CHULAS.

PLANTAMOS

Apriveitando a chegada da primavera, na escola empezamos a plantar na nosa horta, plantamos: leitugas , repolos, cebolas e patacas. Tamén plantamos no noso maceteiro xigante distintos tipos de flores.

DÍA DA ÁRBORE

Para celebrar o día da árbore fixemos unha saída ó Xardín Botánico de Culleredo. Fixemos xogos, cantamos, bailamos, escoitamos un conto"Xaime e as landras".Plantamos unha árbore no Paseo Marítimo e para rematar tivemos obradoiros de maquillaxe e globoflexia. Pasámolo moi ben.

ESCUDOS E BLASÓNS

DESPOIS DE  INVESTIGAR SOBRE O ESCUDO DO PRÍNCIPE ARTURO TAMÉN NA NOSA CLASE ESCOLLIMOS UN ESCUDO ENTRE TODOS, QUEDOUNOS MOI BONITO.

ESCUDOS E BLASÓNS

A PRINCESA CRABELA MANDOUNOS UNHA CARTA NA QUE TIÑAMOS QUE INVESTIGAR CA AXUDA DOS NOSOS PAIS  COMO ERA O ESCUDO DO PRÍNCIPE ARTURO E O FIXEMOS MOI BEN

TITIRITESA

VIÑERON A ESCOLA DUAS PRINCESAS MEDIEVAIS A PROFE MABEL E A PROFE BEA ESTABAN GUAPISIMAS!! CONTARONNOS UN CONTO MOI BONITO E MOI INTERESANTE O CONTO DE TITIRITESA.

VISITA AO CASTELO DE SAN ANTÓN

 O día 13 de marzo visitamos un castelo. Fomos a A Coruña e vimos o Castelo de San Antón. Vimos moitas cousas que traballamos no cole. Ademáis pasámolo moi ben.

O LAGO DOS CISNES

O xoves 26 de marzo fomos a un concerto  no  Palacio da Opera da Coruña , vimos " O Lago dos Cisnes ", gustounos moito,  ainda que xa sabiamos un pouco de que trataba porque ca profe Mabel estivemos a traballar a Tchaikosky. Ademáis vimos como tocaban Manuel, o papá de Laura  e Adrián,  o profe de violín de Iván. Cando chegamos a escola fixemos uns debuxos moi bonitos. 

DISFRUTAMOS DA FESTA

Celebramos a festa no edificio de Servicios Múltiples do Burgo . Disfrutamos dos xogos medievais, merendamos e por último bailamos moito animados pola nosa profe máis marchosa Mabel.

PREPARADOS PARA A FESTA

Vestidas as damas, os cabaleiros e tamén os dragóns, marchamos para a festa!!

PREPARAMOS O ENTROIDO

A semana anterior á festa  estivemos facendo na escola moitas cousas: mascariñas, debuxos, o noso disfraz...Os profes tamén traballaron moito facendo os seus traxes de dragóns! Tamén Mandacra deunos unhas ordes que tiñamos que cumprir cada día , o fixemos moi ben e pasamolo xenial!.

A TROMPA NA NOSA ESCOLA

Visitounos na escola Manuel o papá da nosa compañeira Laura que é músico da Orquestra Sinfónica. Explicounos como foi a evolución deste instrumento ata agora. Tocounos un pouco, e tamén deixounos tocar a nós. Aprendimos moitas cousas e pasámolo moi ben. Grazas Manuel!.

O DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da PAZ os profes Mabel e Iván viñeron polas escolas a contarnos un conto moi bonito "Negros y Blancos". Despois cantamos todos xuntos a cantiga que Mabel nos ensinou e fixemos outras actividades todos xuntos. Pasámolo moi ben!

TINTA INVISIBLE

O profe Iván, cada venres, sorprendenos con experimentos. Ensinounos como se escribían mensaxes segredas na Idade Media.

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS

O VENRES 23 DE XANEIRO VISITAMOS A CASA DAS CIENCIAS. PASÁMOLO MOI BEN, VIMOS E APRENDIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES. TAMÉN CONTEMPLAMOS O CEO NO PLANETARIO, "FUGAZ" FOI A NOSA GUÍA.

CONTINUAMOS CO PROXECTO

Continuamos a traballar co proxecto!! Crabela pediunos que investigaramos como é  o escudo  do príncipe Arturo , se ten algún animal, cantas partes ten...e en iso andamos.

ASOCIACIÓN ACOPROS

O DÍA 4 DE FEBREIRO RECIBIMOS A VISITA DUN MEMBRO DA ASOCIACIÓN DE PROMOCIÓN DEL SORDO (ACROPOS). CONTOUNOS O CONTO DE OLIVER, UN ELEFANTE QUE NON OÍA BEN E Ó QUE LLE PUXERON UN AUDÍFONO. ENSINOUNOS COMO FUNCIONABAN OS AUDÍFONOS E PUIDEMOS PROBALO. PARECEUNOS MOI INTERESANTE.

CHEGARON OS REIS MAGOS Á ESCOLA

O 5 de xaneiro chegaron os Reis Magos de Oriente. Repartiron moitos regalos por moitos sitios. Tamén deixaron dous paquetes na nosa escola. Era un CASTELO  e PERSONAXES MEDIEVAIS!!! Son chulísimos e xa xogamos con eles. Moitas grazas aos Reis Magos, seguiremos a portarnos beeeen.

OS NOSOS CUMPLES

Neste primeiro trimestre celebramos na escola os cumples de XIÁN, ALISHIA, LORENA, NOA E MARTA. Parabéns para todos eles!!

O CARTEIRO REAL

O luns 15 de Nadal, veu ao colexio o Carteiro Real para recoller os nosos desexos.

DECORACIÓN NAVIDEÑA

A porta da nosa clase parece unha chimenea por onde vai entrar Papá Noel. Na entrada do colexio montamos o Belén.

ENCANTADOS COS CASTELOS

Seguimos explicando aos nosos compis máis traballos dos castelos que trouxemos da casa. Xa rematamos un castelo que fixemos coa profe Vero. Quedounos chulísimo!!!

NOVAS DE CRABELA

O 21 de novembro recibimos unha carta de CRABELA. Decía que agora que xa sabemos como eran os banquetes, torneos e xogos medievais, temos que seguilos practicando pois cando vaiamos a salvar a ARTURO teremos que gañar o xogo que nos propoña o dragón. Agora temos que pasar a seguinte proba. Consiste en saber o nome da parte do castelo onde está atrapado ARTURO. Polo tanto temos que estudar AS PARTES DOS CASTELOS E OUTRAS EDIFICACIÓNS MEDIEVAIS. Trouxemos moitos traballos de casa que fixemos con papá e mamá ... e estamos a traballar na clase.

COMEZAMOS O PROXECTO "ENCANTADOS COS CASTELOS"

Un día chegou a nosa escola a princesa CRABELA. Choraba porque un dragón tiña o principe Arturo capturado. Pediunos axuda e deixounos encargados de investigar sobre ... XOGOS MEDIEVAIS, TORNEOS, FEIRAS MEDIEVAIS, BANQUETES, CACERÍAS. E comezamos a traballar...

BENVID@S ao BLOG da ESCOLA da CHOEIRA 1

Imaxe
Benvid@s ao novo blog de Aula de A CHOEIRA, aula 1