Páxinas

REMATE CURSO

 ESTE DÍA QUERÍAMOS QUE FORA  UN POUCO DISTINTO, E A PESAR DO TEMPO QUE NON ACOMPAÑOU MOITO, PASÁMOLO XENIAL: XOGAMOS, BAILAMOS, MERENDAMOS, DESPEDIMOS AOS NOS@S COMPIS....

FELICES VACACIÓNS PARA TODOS E TODAS !

VINCENT VAN GOGH

ESCOLLIMOS A VINCENT VAN GOGH ENTRE OS PINTORES SELECCIONADOS NA TAREFA INTEGRADA DE ARTE DO 3º TRIMESTRE.

DECUBRIMOS MOITAS COUSAS DE VAN GOGH, PINTOU MOITOS CADROS DE XIRASOLES, PERO O CADRO QUE MAIS NOS GUSTOU FOI: A NOITE ESTRELADA, ASÍ QUE TRATAMOS DE DECORAR O NUMERO 5 COMA EL O FIXO!



A MÁQUINA DE RECICLAXE

 DENTRO DAS TAREFAS DE APRENDIZAXE INTEGRADAS E INVESTIGANDO NO LIBRO " MI PRIMER LAROUSSE DE LOS INVENTOS" DESCUBRIMOS TODO O QUE OS HUMANOS DESCUBRIRON AO LONGO DA HISTORIA

NA NOSA ESCOLA TIÑAMOS QUE CREAR UN INVENTO COA RODA, E PENSANDO EN APROVEITAR E RECICLAR OS RESIDUOS QUE CREAMOS CADA DÍA NA AULA, ACORDAMOS  FACER UNHA MÁQUINA DE RECICLAXE. COS RESIDUOS ORGÁNICOS , POÑENDOOS  NUN TUBO QUE ESTARÍA MOVIDO POR UNHAS RODAS, PODERIAMOS OBTER SEMENTES PARA PAXAROS, COS RESIDUOS PLÁSTICOS, E DA MESMA FORMA, ESTARÍA MOI BEN OBTER NOVOS XOGUETES DESE MATERIAL....E O MESMO COS RESTOS DE PAPEIS...ASÍ QUE FIXEMOS A MAQUETA DO QUE PODERÍA SER A VERDADEIRA MÁQUINA DE RECICLAXE! 

SERÍA UNHA BOA IDEA QUE PUIDERA FACERSE ALGÚN DÍA!





APRENDEMOS UN POUCO DE ROMA.

 DENTRO DAS TAREFAS DE APRENDIZAXE INTEGRADAS, NA NOSA ESCOLA ESCOLLIMOS ESTUDIAR UN POUCO DA HISTORIA DE ROMA.

CONTAMOS COA VOSA AXUDA PARA APRENDER COUSAS INTERESANTES DE ROMA E DOS ROMANOS:  A FUNDACIÓN DE ROMA  A FÁBULA DE RÓMULO E REMO E A LOBA, ALGÚNS MONUMENTOS, HISTORIA, OS NÚMEROS ROMANOS...




E AQUÍ DEIXAMOS UNHA VERDADEIRA LECCIÓN MAXISTRAL SOBRE O EXÉRCITO ROMANO POR PARTE DE ROQUE, IRMÁN DE BRAIS, E UN BENQUERIDO ANTIGO ALUMNO DA ESCOLA.
MOITAS GRACIAS ROQUE!



SEMENTANDO!

NA ESCOLA PREPARAMOS UNS SEMILLEIROS RECICLANDO OS VASOS DOS IOGURES, PLANTAMOS SEMENTES DE FLORES, DE PLANTAS AROMÁTICAS... A VERDADE QUE NON SE NOS DERON MOI BEN! PERO A PROFE RAQUEL TROUXO LEITUGAS, ESAS SÍ QUE ESPERAMOS QUE MEDREN PARA PODELAS COMER! 
 BRUNO TAMÉN TROUXO Á ESCOLA: TOMATES, PEMENTOS,CALBACÍN, BRÓCOLI, COLIFLOR...PARA QUE POIDAMOS COIDALOS E VELOS MEDRAR.
TAMÉN MERCAMOS PLANTAS AROMÁTICAS...XA SABEMOS QUE ALGUNHAS PODEMOS USALAS COMO CONDIMENTO NAS COMIDAS...
AGRADECEMOS ÁS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL O AGASALLO QUE NOS FIXERON, O INVERNADOIRO, O CAL  ESPERAMOS DESFRUTALO  E APROVEITALO MOITO!




A PONTE DO BURGO

DENTRO DAS TAREFAS INTEGRADAS DO TERCEIRO TRIMESTRE,  IMOS COÑECER CINCO LUGARES EMBLEMÁTICOS DE CULLEREDO. NA NOSA ESCOLA ESCOLLIMOS A PONTE DO BURGO!

ASÍ DE ARTÍSTICA E BONITA QUEDA A PONTE DO BURGO FOTOGRAFIADA POR NÓS!




LETRAS GALEGAS 2021

 NO CRA ADICAMOS A SEMANA PREVIA AO DÍA DAS LETRAS GALEGAS A COÑECER A XELA ARIAS. DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS SOBRE ELA: O SEU NOME, ALGO DA SÚA VIDA E DA SÚA OBRA E FIXÉMOLO EN DISTINTOS DÍAS E CON DIFERENTES ACTIVIDADES!



TAMÉN APRENDIMOS A CANTIGA " O GALO CANTA" PARA COMPARTIR CON TODOS OS NENOS E NENAS DO CRA

XOGO DA SERPE

 ESTAMOS A APRENDER NOVOS XOGOS NAS ESCOLAS DO CRA.

DENDE AS OUTRAS ESCOLAS ENSINÁRONNOS OS XOGOS DE: "LOBO LOBIÑO","AS AGOCHADAS", "UN, DOUS, TRES, VOLTA ATRÁS..."

AGORA VOS ENSINAMOS  O XOGO DE "A SERPE" , ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO !



8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 PARA CELEBRAR O DÍA DAS MULLERES, ESTIVEMOS A TRABALLAR NA  ESCOLA  A CELIA RIVAS, A PRIMEIRA CAMIONERA DE GALICIA. 

ESTA MULLER PIONEIRA ESCOLLÍMOLA DE ENTRE CINCO MULLERES SELECCIONADAS DENDE UNHA TAREFA INTEGRADA DA BIBLIOTECA PARA ESTA DATA .



PODEDES VER NO BLOGUE DA PEPATECA UN VIDEO MOI INTERESANTE CO TRABALLIÑO DE TODAS AS MULLERES ESCOLLIDAS POLAS DIFERENTES ESCOLAS, E XOGAR A VERDADEIRO E FALSO, PARA SABER O QUE APRENDÍCHEDES!



SENTIDO DO GUSTO

 CHEGÓUNOS UNHA TARFEFA MOI INTERSANTE, DENTRO DOS CINCO SENTIDOS, ESCOLLEMOS O GUSTO. ESTIVEMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS  DEL: ONDE SE ATOPA, COMO SON AS PÁPILAS GUSTATIVAS,  DIFERENTES SABORES...E AO FINAL, EXPERIMENTAMOS COMO TIÑA QUE SER: PROBANDO!



DÍA DE ROSALÍA

PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA ESTIVEMOS A TRABALLAR NUNHA POESÍA QUE GUSTÓUNOS MOITO E  TAMÉN FIXEMOS UNHA  POSTAL CUNHA FLOR PARA AGASALLAR  ÁS NOSAS FAMILIAS.




ASÍMESMO PARA CONMEMORAR ESTE DÍA, DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LÍNGUA GALEGA ELABOROUSE UN VIDEO QUE CONTOU CAS VOCES DOS NENOS E NENAS DO CRA  PARA RECITAR A ROSALÍA.
   
PINCHA NO ENLACE PARA VER O VIDEO E ESCOITARNOS!

ENTRODO 2021

 CELEBRAMOS O ENTROIDO NA ESCOLA, ESTE ANO UN POUCO DIFERENTE , PERO ESTES RAPACES E RAPAZAS  “SÚPER” FAN QUE NIN  SE NOTEN OS CAMBIOS! PASÁMOLO   XENIAL!





DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 NA ESCOLA FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE PROPOSTA POLA BIBLIOTECA CREATIVA PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.




GUSTÓUNOS MOITO , SEGUIREMOS DISFRUTANDO DELA!


GRACIAS TERESA!


DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE E  MEDIADOS DE XANEIRO, TIVEMOS NA ESCOLA A TERESA , UNHA PROFE EN PRÁCTICAS QUE A PARTE DE AXUDARNOS A TODOS E TODAS UN MONTÓN , FIXO CIENCIA E CASI MAXIA....GRACIAS TERESA!