Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

XOGO DA SERPE

Imaxe
 ESTAMOS A APRENDER NOVOS XOGOS NAS ESCOLAS DO CRA. DENDE AS OUTRAS ESCOLAS ENSINÁRONNOS OS XOGOS DE: "LOBO LOBIÑO","AS AGOCHADAS", "UN, DOUS, TRES, VOLTA ATRÁS..." AGORA VOS ENSINAMOS  O XOGO DE "A SERPE" , ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO !

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
 PARA CELEBRAR O DÍA DAS MULLERES, ESTIVEMOS A TRABALLAR NA  ESCOLA  A CELIA RIVAS, A PRIMEIRA CAMIONERA DE GALICIA.  ESTA MULLER PIONEIRA ESCOLLÍMOLA DE ENTRE CINCO MULLERES SELECCIONADAS DENDE UNHA TAREFA INTEGRADA DA BIBLIOTECA PARA ESTA DATA . PODEDES VER NO BLOGUE DA PEPATECA UN VIDEO MOI INTERESANTE CO TRABALLIÑO DE TODAS AS MULLERES ESCOLLIDAS POLAS DIFERENTES ESCOLAS, E XOGAR A VERDADEIRO E FALSO, PARA SABER O QUE APRENDÍCHEDES!

SENTIDO DO GUSTO

Imaxe
 CHEGÓUNOS UNHA TARFEFA MOI INTERSANTE, DENTRO DOS CINCO SENTIDOS, ESCOLLEMOS O GUSTO. ESTIVEMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS  DEL: ONDE SE ATOPA, COMO SON AS PÁPILAS GUSTATIVAS,  DIFERENTES SABORES...E AO FINAL, EXPERIMENTAMOS COMO TIÑA QUE SER: PROBANDO!

DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA ESTIVEMOS A TRABALLAR NUNHA POESÍA QUE GUSTÓUNOS MOITO E  TAMÉN FIXEMOS UNHA  POSTAL CUNHA FLOR PARA AGASALLAR  ÁS NOSAS FAMILIAS. ASÍMESMO PARA CONMEMORAR ESTE DÍA, DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LÍNGUA GALEGA ELABOROUSE UN VIDEO QUE CONTOU CAS VOCES DOS NENOS E NENAS DO CRA  PARA RECITAR A ROSALÍA.     PINCHA NO ENLACE PARA VER O VIDEO E ESCOITARNOS! https://youtu.be/6-eUkM1mN08