Páxinas

DESPEDIDA DO CURSO

ESTES ÚLTIMOS DÍAS DE COLE ESTIVEMOS PREPARANDO AS PORTADAS DOS NOSOS TRABALLIÑOS,DECORANDO AS BOLSAS PARA LEVALOS, RECIBIMOS UNS BONITOS AGASALLOS DE MARTIÑO E TESTA QUE XA ESTÁN DESCANSANDO NA SÚA CASA, TIVEMOS AS MERENDOLAS PROMETIDAS DESPOIS DE TER ESTES DOUS ANOS UNHA TARTA MOI TRAPALLEIRA, TIVEMOS OUTRA MERENDOLA DE DESPEDIDA , DESPEDÍMONOS D@S AMIGOS QUE MARCHAN DA ESCOLA E DÉMONOS UN MONTÓN DE ABRAZOS! SÓLO QUEDA DECIRVOS ATA SEMPRE!!

AS NOVAS DE PEPA

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LÍNGUA GALEGA COA COLABORACIÓN DE TODO O CLAUSTRO ELABOROU A REVISTA "AS NOVAS DE PEPA" NA QUE PODEDES VER UN RESUMO DAS ACTIVIDADES E PROXECTOS QUE SE FIXERON NESTE CURSO 21/22 NO CRA DE CULLEREDO. ESTÁ FEITO NUN FORMATO INTERACTIVO. ESPERAMOS QUE A POIDADES DISFRUTAR! FELICES VACACIÓNS!

 

SAÍDA Ó TEATRO

 FOMOS Ó TEATRO VER "O QUIXOTE" AO EDIFICIO DE USOS MÚLTIPLES CONVIDADOS POLO CONCELLO DE CULLEREDO, FÍXONOS MOITA ILUSIÓN XA QUE FACÍA MOITO QUE NON IAMOS A UNHA SALA DE TEATRO!




         




ESTIVEMOS MOI ATENTOS E PASÁMOLO MOI BEN!




















GÚSTANOS A PRIMAVERA

EMPEZOU A PRIMAVERA , UNHA ESTACIÓN QUE NOS GUSTA UN MONTÓN, E FIXEMOS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES RELACIONADAS COA MESMA.


 

LETRAS GALEGAS 2022

DESCUBRIMOS O NOME DO AUTOR HOMENAXEADO ESCONDIDO NUN CÓDIGOS SECRETOS CO ALFABETO GALEGO:FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN .

LIMOS A SÚA POESÍA E ESCOLLIMOS UNHA ESTROFA PARA FACER UN CARTEL MOI CHULO.


ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 20 DE MAIO CELEBRAMOS NA TORRE DE CELAS A ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS, CON ELA PUXEMOS FIN AO NOSO PRODUCTO FINAL DO NOSO PROXECTO "NOROESTE CREACIÓNS".

HOUBO XOGOS TRADICIONAIS, HOUBO BAILE, HOUBO GAITEIROS AMENIZANDO O NOSO XANTAR EN FAMILIA....E HOUBO OBRADOIROS PARA FACER O RECLAMO DA MOUCHA, QUE BAIXOU DO XALO VERNOS E TRAERNOS UN AGASALLO!!!

PASÁMOLO XENIAL!



NO BLOGUE DA PEPATECA TEMOS OUTRO RESUMO DA ROMARIA

 


OBRADOIRO DE ARTE CON PABLO OTERO

 

OBRADOIRO DE ARTE CON PABLO OTERO

FIXEMOS UN OBRADOIRO CREATIVO CO ARTISTA PABLO OTERO, CONTÓUNOS QUE DENDE NENO EL SEMPRE CREABA OS SEUS XOGUETES, E AMOSÓUNOS ALGÚNS....
DESPOIS NÓS TAMÉN  CREAMOS UNHA CHEA DE OBRAS DE ARTE!! PASAMOLO XENIAL!!