Semana da Paz

Tendo sempre moi presente a temática da importancia da paz, e máis esta semana, na que celebramos o día da Paz o pasado luns, 30, orientamos as propostas ao traballo de emocións e traballo en equipo. Traballamos as letras e os seus fonemas buscando elementos da aula que empecen por... Descubrimos corazóns máxicos pintando con acuarelas. Traballamos cores, series ou a orientación espacial con este xogo de tapóns reciclado. Observámonos no espello para debuxarnos mostrando diferentes emocións: alegría, tristeza, enfado, medo ou calma. Aproximámonos á lóxica matemática facendo correspondencias e sumas.