Celebrando a chegada do Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 Dado que o próximo 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, as propostas desta semana xiran arredor desta temática. Estamos a preparar un póster moi especial, cuxo resultado compartiremos o vindeiro luns, xunto a outra sorpresiña. Aproveitamos o proxecto de centro para traballar con diversos tecidos. Non deixedes de ver todas as fotos para descubrir todas as propostas desta semana.





Traballamos a lectoescritura a través das emocións.



Decoramos a nosa pomba da paz con todo tipo de plumaxe.



Aproximámonos ao recoñecemento dos números e á representación de cantidade.





Empregamos os anacos de tea cortados para decorar o fondo do noso póster da paz.






Facemos pocións para descubrir que necesita ter un bo amigo. E ti, cantas culleradas ou gotiñas botarías de cada ingrediente?




Comentarios

Publicacións populares deste blog

DESPEDIDA DO CURSO

Xa queda pouco para o Samaín