Argallando cousas e palabras bonitas

Esta semana preparamos as seguintes propostas, algunhas das cales xiran en torno á temática do Día da Muller, que se celebra o vindeiro mércores, 8 de marzo. Como de costume, traballamos algo de lóxica matemática, un pouco de lectoescritura, manualidades e arte e algo relacionado co proxecto de centro. Botádelle un ollo ás imaxes para descubrilo! Seguimos traballando a figura de Rosalía de Castro: aprendemos máis cousas sobre esta muller tan importante ao tempo que traballamos a psicomotricidade fina dándolle forma á plastilina para decorar unha ilustración. Na liña do proxecto de centro D´Xastres, empregamos a costura como un medio para traballar a lóxica matemática, cosendo tantos botóns como se nos indica no número. Liberamos a nosa imaxinación para decorar un obxecto tan cotiá como é un anaco de papel de cociña. Finalmente, aproximámonos á lecto escritura xogando ás palabras cruzadas. Para iso, empregamos palabras que nos fan pensar nun mundo máis xusto.