Benvida, primavera!

Este luns, 20 de marzo comezou a primavera. Dámoslle a benvida a esta estación chea de flores e cores xogando cun novo recurso para diferenciar as tonalidades das cores. En primeiro lugar, vimos o vídeo "Story of flowers" de Azuma Makoto, o cal compartimos con vós ao final desta entrada; a continuación presentamos e explicamos o novo xogo para darlle unha primeira utilidade: recoñecer as cores e as diversas tonalidades nas imaxes do vídeo. Botádelle un ollo ás fotografías e seguide moi atentos e atentas ao blog, que esta primavera vén cargadiña de xogos e aprendizaxes. Enlace ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=vDpFyHmt0AE