8 de marzo. Día da Muller

 Hoxe, 8 de marzo, que se celebra o Día da Muller, queremos compartir con vós esta actividade que levamos a cabo a nivel de centro en todas as escoliñas do CRA de Culleredo. 
Partimos da lectura do conto "A coleccionista de palabras". En primeiro lugar, presentamos o conto dun xeito atractivo, para chamar a atención do alumnado e que se comece a preguntar que faremos, sobe que tratará o conto, etc. Nesta historia, Luna, a protagonista, colecciona palabras, moitas palabras diversas. Un día descubriu que as persoas estaban moi ocupadas como para dicir palabras bonitas, así que decidiu poñer a súa colección nunha maleta e facer unha viaxe para repartir palabras bonitas como solidariedade, amor ou diversión entre as persoas que estaban soas, aburridas ou moi ocupadas para disfrutar desas palabras.
Unha vez presentado o conto, propoñemos facer a nosa propia colección de palabras bonitas e compartilas, invitando tamén ás familias a escribir palabras bonitas para ter unha colección máis grande. 
Palabras como
amor, sorriso, amigos, aperta, compartir, etc., bailan agora nas cordas dos tendais da Choeira para recordarnos cada día a importancia de dicirnos palabras bonitas para crear un mundo máis respetuoso, xusto e agradable no que convivir en paz e felicidade.

















                                    
    



















Comentarios

Publicacións populares deste blog

DESPEDIDA DO CURSO